Rajoy apareceu onte en TVE1 con aplomo, seguridade e cercano, como si se tratase dun cidadá máis que coñece perfectamente as necesidades de todalas zonas de España. Deixou atrás a visión catastrofista , e por fin esfumarónse as sete plagas...o sistema financieiro é sólido -dixo- e os nosos aforros están garantizados. Este novo Rajoy pouco ou nada tiña que ver co Rajoy ao que estamos acostumbrados. Falou de pacto, pacto antiterrorista, pacto para resolver a crise...E posicionouse a favor da investigación con células nai con rotundidade, así como a favor do testamento vital, ainda que afirmou que el non o tiña.
Defendeu a lei do aborto tal e como está, baseándose na procura do consenso dentro dunha sociedade plural, e instou a un inmigrante sin papeis a continuar loitando na procura dun traballo. Profetizou a chegada de tempos mellores coma si fose un mesías, e lonxe do que esperabamos del, que inculcase medo e desconfianza, inxectounos optimismo ,ilusión e esperanza.
¿ Cal é o auténtico Rajoy? A viraxe nas formas e no fondo que puidemos contemplar onte só pode entenderse dun único xeito : marketing. Os políticos venden un produto á sociedade e publicítano da mellor maneira posible. Si o Rajoy preelectoral non vendeu o suficiente, hai que mudar o seu envoltorio e ofrecerllo aos consumidores (votantes) como un produto novo, máis asequible ás súas necesidades. De ahí o Rajoy moderado de onte , o Rajoy do consenso, cercano ao pobo, nostalxico da súa Pontevedra natal, involucrando ao auditorio nas súas anécdotas persoais...
Todo estaba perfectamente coidado nesa imaxe preconfigurada para a ocasión, ata o detalle dun bolígrafo Bic azul nas mans, que manoseaba ao tempo que falaba.
O novo Rajoy casi me chega ao corazón, casi -teño que recoñecelo- me convence porque parecía mesmo un home franco e sinceiro, comprometido cos problemas dos españolitos, e sobre todo sensible coas necesidades do pobre camioneiro que cobra pouco máis que 800 euros. " As pensións en España son baixas", "ese soldo é pequeno" "eu sinto menos a crise que unha persoa que non ten un soldo"...Frases entrañables para un home que vive noutra realidade, e que decidiu facerse mortal durante unha hora e media para ir a un programa de televisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario