Vivimos nunha era tecnolóxica onde as telecomunicacións configuran o noso escenario diario. As novas tecnoloxías conforman parte da nosa cotidianidade dun xeito tan natural como imprescindible. Hoxe ninguén imaxina a vida sin teléfono móbil, sin internet, sin mp3...E é precisamente neste medio onde cobran relevancia cada vez con máis forza as redes sociais, das que o Facebook é unha das maioritarias.
Practicamente podemos afirmar que si non estás no Facebook non estás no mundo. Pero, ¿para qué está un ou unha no Facebook? Vexo primeiramente nesta rede social un afán de ensalzar o propio ego dun xeito incluso algo preocupante. Eu fago, eu son eu penso, eu convidote á petardería de turno...O eu convirtese no centro da páxina de cada usuario, no que cada quen mostra a súa intimidade como si a expuxese nun escaparate. Vivo para congalo no Facebook. Cada cousa que fago expóñoa na rede en tempo casi real, e vou coa cámara colgando para construír a miña vida a fotogramas e ir mostrandoa no Facebook catalogada por albumes. Deste xeito o Facebook é o soporte virtual da nosa realidade, pero neste afán de ir mostrando paso a paso o noso día a día, acabamos por caer na trampa non de vivir a vida e contala, senón de vivila para contala.
Hai un regusto de narcisismo na esencia mesma do facebook, pero tamén hai moito de "voyerismo" no feito de pasar as horas pinchando enriba dun perfil e doutro, na procura dos pensamentos alleos, da intimidade allea que se exhibe na rede como si se tratase dunha heroicidade digna de compartirse co mundo.
As nosas vidas, as miles de vidas anónimas apenas gozan de interese e mesmo de sentido, pero no Facebook convértese un nalguén importante, nun número que conta para outros números. Tes o teu perfil no facebook e xa eres importante para alguén, xa alguén entra no teu perfil e le a tua frase do día, na que ti vas retransmitindo o teu estado de ánimo ou as túas intimidades fisiolóxicas :como, vexo a televisión, abúrrome, voume duchar...O teu amigo número 35 rastrea a túa páxina buscando os teus últimos devaneos amorosos, este ten máis de voyeur ca outros, aos que só lles interesa ver as fotografías da túa última acampada. Pero o 35 quere saber con quen tomaches a última cervexa e quen foi o que amenceu á túa beira o domingo. E dache entón palabras de ánimo, si descubre que non triunfaches. E parabens si conseguiches follar por fin ao número 64, que poñía no seu estado : "pasei unha noite marabillosa". Somos un produto do noso tempo, e así nos tocou ser amigos clasificados por números, que pintan a súa mellor sorisa na súa foto de perfil agardando o ansiado " tes unha solicitude de amistade" para engrosar a súa lista e medir de paso a súa popularidade.
2 comentarios:
Como dixo alguén
"lo que sea por agregar un amigo más en facebook".
Mira, e logo o blog e o fotolog,etc; non entran na defeinición?
uff, os blogs ainda son peores...ahí ademais de mostrar a realidade, fantasease. Non só exhibes a túa vida senón a túa alma...Moito, pero que moito peor.
Publicar un comentario