Hoxe, día 1 de abril do 2009 , arrancou o nova lexislatura cun novo escenario político, cunha Mesa composta por catro homes e unha muller,sin respetar polo tanto a paridade que se contempla na lei de igualdade. Temos formalmente constituído o Parlamento, e tan só queda a investidura de Feijoo como novo presidente de Galicia.
Cando o día 1 de marzo, se soupo definitivamente o resultado electoral, supuxen que hoxe sería un día triste para min, pero o tempo da unha perspectiva distinta das cousas, e hoxe non é un día triste, tan só é un día máis.
Comezou abril, con cumbre do G-20 como nova relevante na actualidade internacional, pero nunha ollada rápida polos xornais , eu quédome con dúas noticias que me impactaron por motivos ben distintos. A primeira, a de unha muller que arrincou a lingua da súa parella mentres o bicaba, e logo a escupiu ao chan, e a segunda a da Mis Universo que califica a súa visita a Guantanamo de marabillosa. Así é o mundo no que vivimos, polo que o feito de que hoxe xuren o seu cargo 75 parlamentarios en Galicia deixa de ser un acontecemento trascendental. Sí o é o feito de que García Marquez anuncie que non vai a publicar máis libros, ainda que todavía lle quedan dous sin publicar que xa ten escritos. Que conste que esto non me apena demasiado. Un home que escribiu unha grandísima novela como é "Cien Años de Soledad" quizais non debería volver a escribir nunca máis, xa que despois desa obra, nada , absolutamente nada, conseguirá superar a maestría , imaxinación e talento que derrochou na que para min é a gran novela da literatura hispana.
O dito, 1 de abril, e casi todo transcurre con normalidade. E entón, ¿para qué escribo? ah, si, porque non tiña nada mellor que facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario