30 marzo, 2009

Primavera



A primavera instalouse vagamente, con clima invernal e cambio de hora. O mércores comeza a andaina do novo Parlamento e pronto Feijoo será investido presidente. A era Feijoo xa se percibe na rúa e resoa no aire a palabra "austeridade" como unha bandeira que o novo goberno quere facer súa. Así de forte é o poder das palabras, basta con pronuncialas con certa frecuencia para convertilas en esencia, en realidade mesma das cousas , porque calquera mentira a base de repetila faise certa. A austeridade que predica Feijoo de momento é tan só unha palabra bensoante nestes tempos de crise, unha palabra que ben pode coroar a súa investidura, pero só as cifras reais, cando o novo goberno comece a súa xestión , nos dirá si realmente esta vai ser a lexislatura da austeridade. Eu teño certas dúbidas, en parte porque hai cousas que de entrada non me cadran. Por exemplo, Feijoo fixo a promesa de reducir a dez as consellerías para aforrar, pero ao tempo fai incompatible o cargo de conselleiro co de diputado, polo que si un diputado electo é nomeado conselleiro deberá renunciar á súa acta de diputado, e o seu posto será ocupado por outro. O resultado, en lugar de un soldo ( o conselleiro diputado só cobraba un soldo) pagaranse dous a dúas persoas diferentes.

Pero na primavera hai opcións máis apetecibles que engancharse da política para pasar o rato. Hoxe eu quero engancharme, por exemplo, da posibilidade, por pequena que sexa, dun "rollito de primavera",que nos quite a todos da rutina gris do inverno que deixamos atrás. A esperanza é abril, con choiva ou sin ela, e todas as expectativas que trae a nova estación, os días longos , a proximidade do verán... A era Feijoo chega en primavera, e eu paso, simplemente.

No hay comentarios: