18 marzo, 2009

Síntese a primavera por tódalas esquinas, facendo ruido, non querendo pasar desapercibida. Este ano a cousa vai ir de alerxias, e iso tamén se percibe por todalas esquinas. Polo demais, os días discurren calmos baixo esta nova luz, e o amor anda a dar saltos, en fin, xoguetón , escurridizo, sempre sorprendendo...
*
Teño a mala hostia toda concentrada na Igrexa e as súas recentes manifestacións, postas en boca de Benedicto XVI. Resulta que o condón agrava o problema da Sida en Africa. Dixo isto en Camerún, na súa primeria viaxe ao continente africano. As reaccións non tardaron en facerse notar,sobre todo de xeito contundente por parte do goberno camarunés, que expresa que isto supón un retroceso na súa loita contra a enfermidade, e tamén un retroceso na concienciación da poboación na prevención da enfermidade. Unha ONG de Camerún manifestou de inmediato a súa consternación polas declaracións do pontífice, porque a realidade é que as palabras de Benedicto non poden pasar desapercibidas para ninguén, e non deixan de ser un atentado frontal contra a loita contra o Sida en Africa, na que moita poboación está afectada.
Respetar as crenzas relixiosas é unha cousa, e outra ben distinta e que a Igrexa arremeta deste xeito irresponsable contra a prevención dunha enfermidade que se propaga rápidamente e que causa morte en todo o mundo.

No hay comentarios: