Estou no bando dos perdedores e sinto no peito a tristura profunda que deixan as derrotas. A de onte foi monumental, e a miña alma socialista síntese ferida. Os socialistas non souberon transmitir nin ilusionar, e os galegos falaron a través das urnas sin deixar lugar a dúbida. Quizais hoxe moitos destes votantes do PP se sintan xa arrepentidos do seu voto, e por iso agora non din abertamente que os votaron, pero o caso é que 39 escaños fan a Feijoo presidente da Xunta para os vindeiros catro anos. Virán días de reflexión e de autocrítica nas próximas semanas, o PSOE terá que rearmarse e comezar a súa andadura dende cero, cun novo lider ao frente, e tódolos militantes temos por diante un longo camiño , dende a opoisición, para levar a esquerda ao lugar que sempre tivo que ocupar, o da defensa dos dereitos e da intelectualidade. Pero hoxe, tan só son unha socialista ferida, que non renega da súa ideoloxía, e que precisa pasar un tempo de duelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario