06 marzo, 2009

"Se acabaron las galescolas"

Alberto Núñez Feijoo, futuro presidente da Xunta, comeza a facer demagoxia barata en torno ao conflicto linguístico, ao tempo que lle fai ás beiras á plataforma GB. Di que non quere ningunha imposición linguística e que para acadar ese obxectivo acabará cas galescolas e voltarán as escolas infantís nas que os pais elixan a lingua na que estudien os seus fillos.
"En primer lugar, los padres elegirán el idioma en la educación infantil de 3 a 6 años; además, los alumnos podrán dirigirse en clase al profesor en cualquier idioma, al igual que hacer el examen en castellano o gallego o estudiar por libros de texto en ambas lenguas; y los padres dirán el próximo curso en qué idioma quieren que estudien sus hijos las asignaturas troncales" dixo Feijoo nunha entrevista nunha emisora de radio. Pero o que ata aquí parece unha proposta perfectamente respetuosa co bilinguismo, deixa de selo cando nos metemos na realidade da cousa. Preguntaronlle a Feijoo cómo se vai compaxinar este dereito dos pais a elexir, e non dubida en dicir que o que non se pode facer é duplicar o sistema educativo porque os recursos non son ilimitados , e o mellor é facer o axuste cando se produza a necesidade. E dicir, que os pais ter teñen dereito a escoller que os seus fillos estudien en galego si lles peta, pero que como non hai cartos, pois hai que adaptarse ao que hai, e estudiar no idioma predominante ( castelán, pese á grande preocupación de GB pola súa desaparición). Supoño que de ser finalmente así as cousas, ¿non estaríamos caendo precisamente na imposición linguística da que falabamos ao principio e que Feijoo se propón evitar?
Na mesma entrevista preguntáronlle qué lingua empregaría no Parlamento , ao que Feijoo contestou en perfecto castelán "con carácter generalísimo el gallego". E digo eu si o de "geralísimo" non sería porque se lembrou dun tal Paco...

No hay comentarios: