A vida consiste en caer e levantarse, unha e outra vez. Polo camiño perde un forzas , cre desfallecer moitas veces , pero sempre no último momento atopa a coraxe precisa para continuar. Estiven triste, pero agora toca rexurdir e colocarme na posición que corresponde. O PP vai gobernar Galicia con carta blanca e as miñas bágoas de desilusión non van servir para nada. Toca que a esquerda se poña as pilas dende xa, e eu , polo que a min respecta, fareino.
Dixo Fraga que as cousas volvían ao seu estado natural, e quizais sexa iso. Fraga e a dereita coñecen ben aos galegos, o sentir da nosa terra. Os galegos de esquerdas son críticos, pensan por sí mesmos e non dan segundas oportunidades. Os galegos de dereitas síntense cómodos cando teñen a seguridade de que as cousas teñen un rumbo prefixado, cando non hai sorpresas nin cambios. Quizais o estado natural ao que se refire Fraga é precisamente a que a dereita faga o que sempre fixo, e a esquerda ,pola súa parte, ocupe a posición que nunca debeu de deixar de ocupar, a posición comprometida coa súa ideoloxía, ainda que iso supoña nalgunha ocasión non contentar a todos.
Xa non teño lugar hoxe para a tristeza. As derrotas marcan na pel unha pegada profunda pero quizais tamén nos dan a forza que precisamos para ir pola senda da que nunca debemos de desviarnos. Voltamos a demasiadas cousas indesexadas e indesexables, e sin embargo os que realmente somos de esquerdas ,penso que temos que estar agora máis despertos ca nunca, atentos a todo o que de aquí en diante aconteza. Ven un tempo novo e eu non quero rendirme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario