16 marzo, 2009

Caminha é un bó sitio para vivir.

E posible atopar a dirección correcta. Hai miles de direccións e a maioría son equivocadas, pero tamén é posible acertar por unha vez, ou mesmo mudar de sentido cando vemos que nos estamos equivocando. As veces está unha nunha encrucillada de camiños e tenta sobrevivir, simplemente, do mellor xeito posible. Sempre hai que ter un salvavidas á man, un colchón para os tempos difíciles nos que o mundo se revolve baixo os teus pés.
Non agardas nada, pero mudas o rumbo, e non falla: suceden cousas extraordinarias. Entón recuperas a confianza perdida. A confianza nas persoas, a confianza nas túas propias forzas, no teu propio instinto de supervivencia.
***
Pasei moito tempo crendo que o amor aparecía ao dobrar calquera esquina, como unha convulsión, sin previo aviso, arrasando con todo. Estaba en parte no certo, en parte equivocada. O amor , cando xa tes máis de trinta anos, non te colle por sorpresa, non te asalta no medio dunha noite que ule a primavera, nin irrumpe con tanta forza que mesmo parecería que vai acabarche coas forzas todas do teu pobre corazón.
O amor non sempre se atopa ,tamén pode buscarse e mesmo cultivarse con dedicación , paciencia e vontade. Só hai que saber buscalo, e recoñecer cando por fin temos diante a súa posibilidade.
***
Cando estaba alí non soupen moi ben valorar o momento. Quizais non eran suficientes os seus brazos rodeandome con forza, os seus bicos suaves, a súa pel contra a miña...Quizais non era suficiente o seu sorriso e a súa entrega. E logo, de pronto todo se convirte en pasado, en nostalxia, nunha dor extraña que fai tempo que non sentía. E cobran relevancia os abrazos, os bicos, as caricias...E alégrome de corresponder co mellor que tiña, a miña vontade de permanecer alí, serena e feliz, ainda que non soupese moi ben o que aquelo significaba.
***
...soou a música...foi como si sucedese por primeira vez...un, dous, un dous...un, dous, tres, catro...o tempo esvaecido por fin, baixo un ceo distinto, nun país distinto...un ritmo novo, unha forma tan especial de contemplar a miña existencia...e aquela música, en doce portugués...e aquela maneira de aislarnos da vida que acontecía fóra, en todas partes...un balanceo, un susurro, a timidez dun bico que non as tiña todas consigo...a valentía dos amantes que ainda non se coñecen pero que desexan compartir -por riba de calquera outra cousa- esa música...
***
Pregúntome si leerás esto algunha vez, si entendes o que quero contarlle ao mundo cando escribo esto. Non quero falarlles de min, nin de ti, nin da fin de semana, nin da posta de sol, nin da Bruna -que non cheguei a coñecer- nin da praia, nin de nada que teña que ver con nós os dous. Quero falarlles de como se consegue a felicidade, como se busca, como se atopa. Quero falarlles de como o tempo se estira entre os dedos, e de como un momento se convirte en nostalxia para toda unha vida.
***

1 comentario:

Raquel Gulías dijo...

Emma...estoy tocada y hundida. Mi perfeta autora. En cada palabra vuelvo a descubrir hoy el talento que tienes para describir toda la belleza de las cosas. Graciasss