25 septiembre, 2008

Un blog é unha fiestra que alimenta o noso propio exhibicionismo, expoñémonos aos demais sin pudor , como si a alguén lle puidese interesar o que sucede nas nosas miserables vidas, o que pasa polas nosas entendedeiras en cada momento. E algo cansino, que roza o absurdo e que debería estar de todo prohibido. Eu sempre quixen ser concursante de Gran Hermano, e sentarme no sofá do confesionario para contar aos telespectadores cómo me vai o día, e que tal me vai con fulano e con futano, e si me sinto triste ou feliz, e si me doi un pe. Pero os que fan os casting , dame a min a impresión, de que buscan algo máis que unha tipiña de metro cincuenta e cinco e "feura" admisible. Nunca me pillaron. E iso que eu sei que son carne de Gran Hermano, pero claro, para iso hai que coñecerme ben. O caso é que como non conseguín entrar no reality pois decidín crear un blog, para mostrarme desnuda diante dos descoñecidos. ¿ Por qué? Eso é un misterio. Presumo de coñecerme ben a min mesma, pero si me matan non sei por que me da por contar as miñas penas públicamente, a miña vida nun escaparate, como si a humanidade enteira non puidese vivir tranquila sin saber de qué humor me levantei hoxe. E esta dúbida estame volvendo tola, ¿por qué? ¿por qué arrisco desta maneira a miña intimidade? Así que estou a piques de finalizar esta tolemia, de pechar esta fiestra ou de mudar polo menos as cores deste miniuniverso ridículo.
¿Gústame que todo o mundo saiba o que penso e o que sinto? Supoño que este blog naceu tan só como un experimento , para saber o que podía dar de si, e convertiuse nun sustituto aos meus cadernos, nos que si era realmente sinceira, e si me facían realmente feliz. Pero agora síntome algo triste ao contemplar as libretas baleiras de palabras e de soños, e paseo polos meus post dándome conta de que non son fieis a nada, que non son máis que morralla, moitas veces tan só unha morea de mentiras ou de tonterías. Un blog debe ser outra cousa, algo grande, que encha aos que o len e aos que o escriben de ilusión, ou de sabiduría. Ou polo menos un panfleto sobre o mundo do corazón, que esto si que interesa a alguén. Pero esto...Renego deste experimento, sin contemplacións, coa cabeza alta e a dignidade sobre o teclado. Esto é algo máis que unha crise existencial...Rematou o verán, estamos a finais de setembro e toca renovarse. Esto atúfame.

1 comentario:

Raquel Gulías dijo...

Hola nena! qué tal? yo por aquí..preparando los últimos detalles. Me voy de viaje a Venezuela la semana que viene. Estaré fuera 15 días. Ya os contaré a la vuelta a ver qué tal me tratan. Este sábado tengo la despedida de soltera de una amiga, y no creo que nos podamos ver. Hablamos.
Un besote!!!