Flipantes as casa-escola das aldeas, cocretamente a da miña aldea, que agora está media en ruinas, chea de merda, coas persianas rotas e telas de araña por tódalas esquinas, pero..., ten dous ordenadores e conexión a interntet. Deume por conectarme un anaco, e como o da conexión por pares de cables de cobre é máis ben lentiña, por non dicir eterna, dinme unha volta pola carperta de"mis documentos " para ver que inquedanzas teñen os que por aquí pululan de cando en vez. Alucinante. Atopeime con videos e fotos que non me deixaron impactada (que unha xa é grandiña) pero dende logo si que me sorprendín das cousas que gustan os veciños da aldea cando veñen aos cursiños de informática que imparten asociacións de mulleres rurais,etc, etc. Os videos eran tal que "Putas caribeñas", "putas brasileiras" "Un tío, dos tías y dos perras", "putas colombianas de Cartagena"... En fin, que non falla, cando unha indaga un pouco na intimidade de calquera, mesmo nos arquivos gardados en calquera ordenador nun lugar apartado do mundo, atopa sempre o mesmo contido, o sexo. E é que o mundo xira en torno ao desexo sexual, ao morbo, á líbido. Custa imaxinar aos rapaces que veñen por aquí, no medio de tanta mugre e decadencia, despois de traballar todo o día, facéndose pallas diante da pantalla dun ordenador, fumando despois un pito, e tirando a colilla ao chan, dixandoo todo perdido. Porque o local está que da pena, e o chan parece o dunha discoteca que levase meses sin limpar.
Pero o importante é que chega internet a todos, ainda que só sexa para que a xente -tamén a do campo- se baixe videos porno.
Polo demais, ando de vacacións, e pareceme que setembro é un bó mes para desconectar de todo, cando todos andan de volta ás súas rutina, pois eu...voume de viaxe para envexa de compañeiros de curre e de amigos.
Por certo, estiven na Feira Franca de Pontevedra, por primeira vez. Terei que falar disto noutro momento, pero de todo quédome co torneo medieval e co ímpetu que lle puxo "Manquiña", que lle tocou animar ao xinete branco. Estaba tan subido que mesmo parecía que voaba, igual voaba, quen sabe...O caso é que o home estaba completamente entregado á causa, que mesmo me emocionou. A min tocoume o cabaleiro negro, e eu tamén lle puxen ganas, que non se diga.
Pero quen se lembra xa da Feira Franca, e de Pontevedra, e de tantas cousas, cando se atopa aislada do mundo, rodeada tan só de natureza, nun setembro con sol e con proxectos que nada teñen que ver co amor nin co traballo...
Si non nos atopamos, feliz volta á rutina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario