29 septiembre, 2008


Eu era unha nena que pasaba felizmente -todo o feliz que se podía- a infancia na casa dos meus tíos, ía a escola , merendaba pan con chocolate e polas noites non tiña toque de queda porque os meus tíos consideraban que tanto miña irmá coma min sabiamos moi ben cando tiñamos que irnos a durmir. Non sei si eso era un erro ou non, si os meus tíos facían mal deixando que dúas nenas se quedasen despertas ata as doce da noite vendo a televisión, pero o que si se é que foi unha sorte para a nosa infancia. Víamos a tele, sí, e por aquel entón na tele poñían películas inesquecibles cada noite, desas que se quedan prendidas para sempre na ollada e mesmo na alma. Unha destas noites da miña infancia atopeime de frente cunha película que me fascinou e que trala impresión que deixou en min nunca máis me atrevín a voltar a vela, por medo quizais a corromper esa impresión primeira. Para min o título sempre foi "Dous homes e un destino" e nunca se me foi xa da memoria aquel paseo en bicicleta de Paul Newman e Katharine Ross baixo as notas de ‘Raindrops Keep Falling On my Head’, tal e como conta Jabois no Luns a Venres.

Namoreime de Butch Cassidy e Sundance Kid, e aquela lenda de ladróns acompañaríame durante toda a miña adolescencia e xuventude.

Hoxe morreu un dos grandes,Buch Cassidy non voltará a subirse en bicicleta nin a partir os corazóns de medio mundo coa súa ollada azul. Non vou falar del como actor, porque todo está dito, só me gusta falar dende a miña memoria, dende aquela nena que fun e que grazas a que os meus tíos non me poñían hora para irme á cama, puiden descubrir moi cedo tódalas peliculas deste gran xenio do cinema. Despois de " Dous homes..." outras moitas me conmoveron, pero na retina sempre, no fondo de todo, dentro de min, sempre aquela banda sonora, aqueles paisaxes, aquel soriso...

No hay comentarios: