30 septiembre, 2008

San Miguel

Veranillo de San Miguel, todo un clásico que non sempre se cumple, pero sí este ano, no que por fin se deixou caer o bó tempo en Galicia, mentres que o sur está inundandose. Vacacións a parte, levo cinco días de praia seguidos, a cal máis intenso e máis veraniego. Ata onte na Lanzada se estaba mellor que en pleno mes de xullo. E é que a natureza non falla, e cando o verán se resiste a entrar, como sucedeu este ano, pois tamén se resiste a marchar. Oficialmente estamos no outono, pero os pronósticos metereolóxicos para esta semana son soles en toda a Comunidade, e así andamos todos alterados , entre a calor e a vida, que non da tregua.
Chegou un cayuco as nosas costas con 229 inmigrantes. E tan só un dato numérico, 229 desesperados que arriscan a súa vida na procura da terra prometida. Somos a esperanza de moitos que viven en zonas máis hostiles, e ao mesmo tempo este xa non é sitio para milleiros de españois ,que ven que o país se lles queda pequeno, que xa non se pode vivir ben sendo clase media, que xa non hai traballo para ninguén, nin futuro. Ten que existir un erro nalgunha parte, non sei. Pero xunto á nova dos 229 aparecía no xornal dixital a foto dunha man momificada, dun buda que se deixa ir morrendo en vida para acabar sendo momia, para iso deixa de comer e de beber durante días, ata que acaba metido nun furado , e finalmente morre. Qué íronía, uns loitando por morrer e outros loitando pola vida, todos con sacrificio e seguramente con medo. Porque deixar que o teu corpo se vaia secando en vida ten que dar moito medo.
Setembro dinos adeus. Hoxe cumpre anos alguén que me importa, a quen eu importo ben pouco, outra ironía moi propia do noso tempo: amar a quen non nos ama, tanto como perder o amor que temos dentro por non saber darllo a quen realmente sabe recibilo. "Cada uno da lo que recibe, cada uno recibe lo que da..." e un corno¡¡¡ Eu pensarei todo o día nel, e morrerei de ganas de marcar o seu número de teléfono e dicirlle o que sinto, pero ao final ganarei a miña propia loita contra min mesma , e acabarei por estar ausente no seu día, como si non me importase. Tamén teño orgullo.

No hay comentarios: