22 septiembre, 2008

Sin mirar atrás.

Contrariamente ao que cría a maioría de persoas que nos coñecen _ ao meu amigo Toño e a min- e mesmo contrariamente tamén aos meus propios instintos, a viaxe polo sur aconteceu sin ningún tipo de contratempos, polo menos salientables. Tivemos un momentazo na voda, que aos meus íntimos xa lles comentarei ( si se tercia) e pouco máis que dicir das vacacións. Que xa remataron, que foron curtas, como sempre acontece co bó desta vida, e que agora na volta ao mundo real, pois quédame un regusto doce nos beizos e na alma, a lembranza dunha caricia no corazón, e a nostalxia de sentimentos que cría esquecidos para sempre.
Non lembraba cómo e por qué o amara. E no medio das copas, vendo o ben que lle sentaba o traxe e a garabata , xunto coa camisa que eu lle axudara a escoller, soupen, lembrei, o pasado. Por fin éramos os mesmos, aqueles que fai anos se coñeceron e se bicaron sin tregua, a pesar dos pesares todos, deixando estupefactos aos que nos coñecían. E eu tiven que dicirlle que facía anos que non me sentía así, atraída por el como si me sentise completamente poseída, ou tola. Afortunadamente a amistade vence sempre tódolos obstáculos, e agora volto ao punto de partida, como si tal cousa, e estou contenta de que sexa así. Pero o guapo que estaba...eso non o esquecerei nunca.
***
Por certo, a de cousas que cambian cando unha non está , e ao mesmo tempo a de cousas que permanecen inmóbiles. A tranquilidade debe ser eso, regresar e atopar todo como o deixamos, os amigos sorintes agardando por nós, a familia deseosa de facernos de comer, os amores ansiosos por recuperar o sabor da nosa pel, e a casa pechada, con olor a cerrado e pó tímido sobre o televisor. Na oficina nada relevante, pero danche un abrazo cando chegas, e ao encender o ordenador deseguida recuperas a rutina dos mails, dos blogs, do programa informático do traballo...No bar lembran que tomas café con leite , algo cargado, e bótanche un piropo post-vacacional "que morena estás, que tal?" e todos te escoitan , e se alegran por ti, ou finxen que se alegran, cumprindo así un trámite necesario antes de voltar á normalidade. Agardan agasallos, bicos , historias fantásticas. E no fondo, tan só agardan que o extraordinario do momento pase rápido, e que todo volte a ser igual que antes de que marcharas, e falar das cousas de sempre, que si Gran Hermano, que si a choiva, que si o PP, que si a crise, que si o amor...E no fondo , ti tamén agardas que todo se recupere, para gardar ti soa os recordos, como quen garda tesouros valiosísimos, que non quere compartir con ninguén. E buscas entón un momento de intimidade que non esté contaminado de rutina. Envias un email ao teu compañeiro de viaxe. "Te echo de menos" ,porque eso é realmente o único sentimento verdadeiro que recoñeces no medio da vida.

3 comentarios:

susana dijo...

BIEN VENIDA DOÑA REINONA, ya nos volveremos a ver para seguir con esas clases de patinaje.
besitos.animo ahora esperar para las vacaciones del año que viene.

Unknown dijo...

ter de volta unha amiga sempre e bo e mais se ven co animo cheo.
benvida a rutina animosa de todolos dias. Alegrome de que esteas aqui. bk

vanesa dijo...

BENVIDA Á REALIDADE!!.
NON É COUSA DE OUTRO MUNDO PERO É O QUE HAI.