22 septiembre, 2008

O peor de voltar das vacacións é atopalo todo como estaba, atopar tódalas rutinas agardando por unha , coma si o tempo non mudase as cousas nin o máis mínimo. Non é a choiva, nin o frío súpeto que che penetra no corpo, nin o feito de ter que esconder o moreno baixo prendas de temporada. Non é a volta ao ordenador, nin ao xornal, nin ao soriso do camarero cando che pon o café e che da os bos días. E sobre todo saber que eso é o que nos espera por moitos , moitos días.
***
Rematou o verán, agora si, é un feito. Setembro morre , agoniza nos últimos días, e eu deixo atrás Sevilla, Cádiz, Málaga...Coñecín xente interesante que me aportaron moitas cousas, xente que me tratou mesmo como a unha filla, e cómpre dicir nomes para que non queden no olvido: Loli, José Manuel, María del Mar, Alejandra, Isabel, Alfonso, Ana...Cando che fan que o tempo se suceda como si estiveses en familia, é que te están tratando ben.
Son xente distinta, que vive relaxadamente, entre cañitas e tapas, e que saben disfrutar da vida doutra maneira, que son felices simplemente.
E a marabillosa praia de Cádiz....¡¡¡¡
***
Vamos, que estou co síndrome ese posvacacional. Ay¡¡¡¡Rematou o verán.

No hay comentarios: