28 de xaneiro, sete da tarde. O pleno do Concello de Vilalba comezaba puntualmente coa presenza de tódolos concelleiros e escaso público na sala. Abriu o alcalde con tono desidioso e certa apatía que non fixo máis que ir en aumento co transcurrir da tarde, ata chegar ao punto de apoiar a cabeza na man e dormitar uns segundos mentres falaba unha compañeira do Partido Socialista. O pleno era de temática suave, aprobar tres ordenanzas e pouco máis, vamos ,que pintaba bastante aburrido.
A primeira ordenanza ía sobre a regulación dos usos do Auditorio e a Casa da Cultura. Os criterios resultáronme cando menos curiosos, sin entrar na calificación de "atracadores" que empregou o portavoz do BNG. A ordenanza regula os usos destes espacios públicos neste sentido: Cadaquén que queira expoñer unha obra de arte nas salas de exposición destes locais terá que entregar ao Concello como pago unha das súas obras, e ademais resérvase o Concello o dereito de compra de todas as obras expostas cunha rebaixa do prezo do 50%. En canto aos escenarios dispoñibles, cada persoa ou entidade poderá solicitar dúas veces ao ano o uso destes escenarios para actos culturais , previo pago de 350 euros. Aquí , precisou o alcalde fervorosamente que quedaban excluidos os actos políticos e sincicais, insistindo ata o aburrimento na palabra "sindicais" como si se tratase dunha verba recén descuberta e da que lle gustaba presumir de conocer.
A defensa da ordenanza polo edil de cultura non tivo desperdicio, calificando como actos culturais as vodas, referíndose ás mesmas como representacións teatrais, e defendendo a ultranza os concursos de mises como espectáculo cultural estrela da programación cultural anual do Concello, en palabras literais do concelleiro García Leira Boado "Un acto cultural é un concurso de mises. É a única maneira de levar aos rapaces ao Auditorio, é a única maneira de que pisen o Auditorio" para continuar dicindo que non había nada de malo en ir a disfrutar nesas edades mozas da beleza das rapazas e rapaces. Sobra lóxicamente comentar ao respecto a política de promoción da cultura que leva á cabo a Concellería de Cultura do Concello de Vilalba e os medios de incentivación da xuventude tanto na participación como na asistencia a espectáculos que se podan tildar verdadeiramente de culturais.
En canto ao das vodas, viña a cousa dos últimos acontecementos que tiveron lugar no Concello, concretamente a celebración dunha voda que tivo lugar nas instalacións do Auditorio de Vilalba.De ahí o de incluír con descaro e de xeito totalmente impúdico as vodas dentro da categoría de acto cultural asimilándoas a representacións teatrais. As voces do Bloque e do PSOE non se fixeron esperar e non escatimaron en ironía e argumentos contundentes en contra da ordenanza, a pesar de que unha música de gaitas procedente da sala do lado enchese o salón de plenos solapando as voces dos concelleiros. Nese intre, estupefacta porque ninguén se inmutase pola irrupción da música e da molestia evidente que causaba preguntei tímidamente si esa música era normal. "Ensaian no local do lado todos os venres, sempre é así", contestoume unha muller con naturalidade, como si nin siquiera reparase na música por ser algo que forma parte do ambiente normal dos plenos ao que está acostumbrada.
Seguiu a cousa con ordenanzas sobre as piscinas e espazos deportivos que se aprobaron sin debate para continuar logo coa regulación de tasas por uso de espacios públicos na rúa e algunha pregunta sobre contratación administrativa e pouco máis. O pleno estaba dando máis de si no que en principio se esperaba e o alcalde comezaba a falar con tono despectivo aos edís do PSOE e a apurar o paso para rematar canto antes. Eu xa facía tempo que me perdera nas notas das gaitas e no xesto anodino do alcalde que cada vez que a portavoz do POSE lle pedía a palabra contestáballe " a ver..." querendo dicir realmente "a ver que vai dicir esta tonta agora".
*
Estaba sentada diante dun señor moi importante que se me presentou como "eu son o xefe de todo esto" , e despois da confianza que proporciona media hora de conversa sabéndote protexida polo secreto profesional, atrevinme a pedirlle un consello como home de certa experiencia por idade e pola súa carreira profesional. A resposta foi contundente "enfréntate a el todos os días, mírao con xesto desafiante e si che di algo , chámalle gordo". A miña pregunta era sobre cómo tratar a un xefe que te desprecia e te infravalora, ata casi conseguir anularte como persoa.
*
O seu paso pola miña vida só me deixou como recordo a metade do seu DNI ,abandoada no chan do meu salón ,pola parte na que sae a fotografía ( non quero nin imaxinar como se lle partiu o DNI en dous e moito menos por qué levaba no bolsillo o anaco de plástico como documento para identificarse) e uns emails con fragmentos do que ía ser a súa próxima novela que eu fun pouco a pouco clasificando e gardando nunha carpeta que poñía A NOVELA. O pedazo de DNI gardeino nun dos meus bolsos e fai tempo que o perdín de vista, probablemente porque o bolso no que o gardei xa pasou a mellor vida. En canto aos emails, funos borrando a medida que os ía recibindo e que ía gardando os textos no escritorio do meu ordenador, ata que un día un fallo informático acabou co meu disco duro e fixo desaparecer para sempre aquel tesouro que eu relía cada noite mentres agardaba impaciente a próxima entrega da novela na miña bandexa de entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario