19 enero, 2011

"No enamorarse más de tres veces. No hacerse notar en lugares públicos.No matarse dentro de un coche o fuera de él, evitar países en guerra y bares que contengan más de dos camellos..." Lin estas verbas nun blog esta mañá e non puiden resistir a tentación de pegalas aquí, porque gardan algo de verdade e algo de poesía, e supoño que estos son dous bos ingredientes para construír unha vida.
*
As cousas deberían de contemplarse sempre dende o prisma da relatividade, quizais a única certeza existente ao cen por cen. Que todo é relativo xa o dixeron ao longo dos séculos filósofos e pensadores de todo tipo ,que simplemente baseándose na observación do mundo e nas leis da razón e o coñecemento chegaron a conclusión de que todo , absolutamente todo, é discutible. A relatividade coa que podemos contemplar o mundo no que vivimos, as rutinas cotiás que nos aflixen e mesmo as que nos fan sentirnos satisfeitos, permítenos alcanzar certo estado de tranquilidade, certa armonía coas cousas e una actitude máis flexible de cara aos problemas.
Hoxe deixome seducir por esta idea como si fose a única, e funciona. Porque o que onte me causaba tremendo pesar, hoxe simplemente me parece anecdótico e pasaxeiro. E sempre hai camiños e esperanzas novas mentres permaneza intanto o desexo. Hoxe non quero morrer na tristura encandescente que me provoca a realidade da miña existencia presente. Hoxe non quero tampouco correr cara o futuro nin precipitarme a ningún abisco na fuxida. Hoxe tan só síntome con forzas renovadas ao reflexionar sobre como se poden manexar as ideas, como poden mudar de inquedantes a simplemente soportables, e como é posible saír a flote a pesar dos feitos que nos sacuden.

3 comentarios:

Unknown dijo...

Reina, relativizar as cousas axúdanos a soportar mellor as nosas angustias vitais, pero detrás da relatividade hai moitas veces un certo engaño, que delata que sí existe a verdade como tal. A relatividade tén sentido sólo en certas áreas do coñecemento, máis concretamente nas humanidades, incluindo a filosofía, a literatura e a psicoloxía, porque dependen en certo modo de sentimentos e de subxectividade, e hai moitas ocasións nas que non sinten igual as personas. No outro terreno, no científico, cada evento explícase cun modelo, e se o modelo é bon extráese del a propia medida da realidade, que en calquera caso pode ser posta de manifesto polas máquinas, que carecen de sentimentos e que son plenamente obxectivas. Poñerei un exemplo: un home daltónico confunde certas cores. Según esto podería parecer que non existe consenso entre o que este home sinte e o que sinte outro "normal", ec que en certo modo ambas maneiras de sentir están en pe de igualdade. Pero os dous homes poden botar man dun espectrómetro e analizar o espectro da luz que cada un ve dunha cor distinta. Ese espectro é o mesmo para os dous, a máquina abstráise de todo sentimento e dános unha medida totalmente obxectiva e universal, válida para o daltónico e para o que non o é. Polo tanto, o daltónico pode darse de conta de que é daltónico se non o sabía, porque o espectro da luz verde e de calquera color é o mesmo para tódolos observadores do universo, e ese espectro pode poñelo en correspondencia coa definición de cor verde, que podería ser algo así como "luz cuias frecuencias constituíntes oscilan entre tal valor e tal outro".

Unknown dijo...

Deste xeito, existe unha polarización nas materias de debate entre as que son obxectivas e as que son subxectivas. Incluso cando falamos de ética, que é unha materia dependente en gran medida dos sentimentos, a xente demostra poseer un certo sentido común á hora de diferenciar o que é bon do que é malo, fíxate no que che digo. Poño un exemplo: para un propietario dunha empresa pode interesarlle que os seus comerciais señan agresivos, que conten cinco mentiras por cada catro palabras que dicen, e cousas así. De este xeito, o que para o xefe é unha virtude -ter o don da mendacidade-, para outras moitas personas pode ser un defecto. Agora ben, é posible chegar a unha conclusión obxectiva en torno a este particular, xa que o sentido común dos humanos dinos que o feito de mentir non está ben, de feito, está recollido nun dos primeiros códigos éticos que existiu, que son os Mandamentos da lei de Deus, eso xa demostra que posúe universalidade o reconocemento da mentira como algo negativo; (a mentira pode causar malestar no mentiroso polo sentimento de culpa e no engañado se este averigüa que lle mentíron, porque detrás dela hai un interés). Esto que che explico aquí é solo un exemplo. Non vaias a pensar que me considero máis alá do ben e do mal, tódolos humanos actuamos ben a veces e outras veces mal, é o sentido común entendido algo así como o máximo común divisor de tódalas éticas o que nos di se o estamos facendo ben ou mal; e tódolos humanos estamos feitos, máis ou menos, das mesmas miserias e das mesmas grandezas. Dito así, podería pensarse que cousas como a política serían plenamente obxectivas, cousa que non sucede, porque con ela trátanse de resolver os problemas da humanidade e é en principio imposible ternos a todos contentos. Agora ben, tamén che digo unha cousa, agora que toquei este tema, eu creo que o mundo pode arreglarse, o gran problema da humanidade, o maior dos problemas que existiron desde sempre e que existirán ata que a humanidade desapareza é o noso egoísmo. No último século os recursos do planeta diezmáronse máis que todo o resto da historia, a contaminación multiplicóuse ata o indecíble, as guerras esquilman as poboacións por culpa dos intereses personais dos poderosos, a fame apropiouse da meirande parte do mundo mentres algún señoritos viven de p... madre. ¿Como pode suceder que miles de personas morran de fame cada segundo no mundo en pleno século XXI mentras outros nadan na abundancia?. É o egoísmo a lacra da humanidade, e o egoísmo é cosustancial co ser humano, tanto dá que señas que izquierdas como de dereitas, que che guste o fútbol ou a poesía. É un feito : somos egoístas, e estámonos cargando o marabilloso mundo no que vivimos e ós nósos propios semellantes.

Eu creo na verdade, na que todos podemos observar cando non hai sentimentos por medio, a que é universal e nos está agardando en cada recuncho do Universo; e cando hai sentimentos incompatibles de por medio moitas veces prefíro dar o meu brazo a torcer aínda que salla perdendo porque non me gustan as confrontacións. Pero non son ningún santo, xa que os santos solo existiron na nosa imaxinación, porque o ben e o mal están detrás das nosas frentes.

Reina de Palandria dijo...

Apunto as películas , libros e consellos, moitas gracias,de verdade. A montaña mágica xa a lin por recomendación dun amigo, e douche a razón. Apertas,

Gracias tamén por estas reflexións, gústame moito recibilas e sobre todo lelas.