26 enero, 2011

Hai tardes nas que unha non pode máis que tirarse no sofá e abandonarse á suavidade dunha manta e o olor penetrante dunha taza de café, cos soños esnaquizados polo chan, pensando "xa os recollerei maña". Mañá, ese anhelo constante: o futuro que ten que chegar como unha salvación de tódolos fracasos que se acumulan no presente desordenado e intransitable. Hai tardes nas que non sei respirar máis que nunha folla de papel ou no teclado do ordenador e os desexos son tan só renuncias asumidas interiormente, algo que xa non vai a suceder nunca, porque simplemente sei que non teño forzas para intentalo.
E todo e nada ocupan o mesmo espacio; a miña cabeza parece que vai estoupar e as bágoas saen soas como si se tratase dun surtidor, nunha especie de espiral de emocións incomprensibles que cada vez se van enredando máis , ata casi facerme desfalecer. Estou profundamente triste e si tivese ánimo argallaría algunha maneira limpa e indolora de suicidarme un pouco, o xusto para non ter que pensar na soedade que me rodea, nos pedazos de renuncia que cubren o chan á miña beira, no burato que o meu corpo deixa no sofá como metáfora cínica da miña existencia.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Veña colega, non ha ser pra tanto, hay que animarse un pouco, ir patinar, ou en bici ou invadir algun pais coma fan os yankis cando estan aburridos. En fin algo que che saque da inopia.

Veña oh, invita a un cafe, non sexas cutre.

Unknown dijo...

Vamos, Enma, arriba ese ánimo. Coñezo perfectamente os accesos de melancolía, pero neste mundo todo ten un remate, ata eles mesmos. Mañá é sábado, se estás pola casa podes ir á Lagoa, os patos están agora de invernada, e resulta simpático observálos. E se non estás na casa, pois sempre hai algo que facer. Xunta tódolos teus poemas, escribe algunhos máis, aproveita este momento de spleen, escribir axuda a racionalizar, a estar un contento consigo mismo, a autocoñecerse, a formá-lo carácter, e dá moita autoestima; Se verdadeiramente queres sacar de ti o mal rollo, aconsélloche tres obras mestras da literatura contemporánea, que ó mellor xa as líches : "La montaña mágica" de Thomas Mann, "Kim" de Rudyard Kipling, e "Las aventuras del buen soldado Svejk" de Jaroslav Hasek. Se estás depre a primeira ó mellor non che convén porque trata sobor da evolución ideolóxica dun enfermo de tuberculose recluido nunha casa de curas, pero é unha verdadeira obra maestra, e deseguro que podes encontrar moitas cousas interesantes nela. As dúas últimas son moi simpáticas, moitísimo. Se che gusta a picaresca, direiche que son dese estilo e que transpiran inxenio e dan verdadeiras ganas de vivir. Tamén podes baixarte en internet algunha película clásica de Frank Kapra. Kapra era un idealista, creía firmemente na bondade dos homes, nun mundo que pode ser marabilloso. Moi probablemente as súas películas esteñan algo trasnoitadas hoxendía, porque os valores humanos de mediados de século -os valores tradicionais- non teñen nada que ver cos que temos na actualidade -ou mellor dito, hoxe apenas se ve a fidelidade a un ideal ou a un valor humano na xente-, creo que era unha vida máis sana, máis simple e moito máis bonita ca que hai agora, a min as películas de Kapra sempre me deron nostalxia e debo confesar que son un fanático desta maneira de sentir. Recoméndoche "Caballero sin espada", poderás ver a un guaperas de daquela (James Stewart), e tamén che recomendo "Vive como quieras" do mesmo director. Desa mesma época tamén che poido citar unha película que todavía ten vixencia nos tempos que corren, trátase da oscarizada "Marty". Será por películas... A min gústame chorar coas películas, é algo que desafoga moito a un. Moito ánimo, coleguiña.