Outro luns, outras inquedanzas que parecen as mesmas; e esta chuvia plomiza sobre a cidade, sobre o ritmo cotiá das miñas ansiedades.
Quixen que a fin de semana me mecese un aire distinto , e casi conseguín sentir algo semellante ao entusiasmo. Alí estaba él, entre un bullicio de xente , de políticos, de eslóganes e aplausos. El , alleo a todo e ao mesmo tempo tan involucrado, facendo o seu traballo e ollándome de reollo, sin perder de vista o obxectivo da súa cámara, aburrido, farto do escenario e daquela tarde que eu vía que se lle facía costa arriba. Sucedéronse verbas con tono triunfalista, o ministro, o secretario xeral, o candidato...Si non me gustase tanto a política non podería xustificar a miña ledicia alí, baixo a calor de focos e humanidade, tanta xente nun mesmo espacio: unha tarde importante. Pero sobre todo , él. El xustificou tamén que eu estivese alí chea de ledicia. Un guiño de ollo, un pequeno encontro nas escaleiras, un toque no brazo, máis nada.
Deixei atrás ao entrar o ano cantos vicios me quedaban, e sin embargo, na tarde da política de Pontevedra, no día grande de Louro, soupen que entre todo o que pretendía deixar atrás non se atopaba él. El era quizais o único soño que me permitía traer dende o outro lado das cousas, desas que voluntariamente me plantexei deixar atrás. Si teño que ilusionarme con alguén, ou intentar alcanzar uns bicos que me emocionen verdadeiramente , será él o único que esté no meu punto de mira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario