Renunciei no segundo día do ano, cando España renunciaba ao fume nos bares, a dous praceres que últimamente non me trouxeron máis que disgustos: o alcohol e os homes; así dun xeito drástico e sin contemplacións de ningún tipo. Era necesario. Por suposto que estas renuncias teñen que ter a súa contrapartida, unha especie de hábitos sustitutorios que fagan dos días algo máis placenteiro do que levo vivido no último ano. Ainda ando dándolle voltas ao tema sin consegir atopar esas outras actividades que teñan en min o calado que puideron traerme noutros tempos unha boa borrachera ou un romance frívolo e pasaxeiro en calquera noite de verán.
*
Descubrín un romance extraño entre dúas persoas que tiveron -e incluso teñen- certa relevancia na miña existencia. A el ameino moito, pero o amor ,como as dores, non poden lembrarse, tan só pode lembrarse que unha vez se amou, pero non a intesidade nin as sensacións que naquel momento nos enchían por dentro. A ela, considereina nun tempo algo máis que compañeira, amiga talvez, para relegala despois , polos simples efectos que provocan a apatía, a pereza e as diferencias de opinión , nunha compañeira máis de traballo pola que conservo un afecto irreductible do que non consigo desfacerme.
Lonxe de doerme ou molestarme o seu romance, máis ben me provocou unha certa sensación de vergoña, algo así como esas historias de amor que se ven nas telenovelas sudamericanas e que me parecen sempre estridentes e ridículas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario