En algo tiña razón cando me dixo que as cousas cambiaran no noso entorno para sempre, que as cousas entre os dous cambiaran tamén para sempre. Hoxe puiden comprobalo non sin sentir certa punzada de satisfacción. Entrei e nin siquiera tiven que miralo para saber que era pasado. O pasado hai que colocalo nalgún sitio para poder continuar, lin unha vez. Ou simplemente traspasalo,convertilo noutra cousa etérea e incorpórea que non pode xa afectarnos: nunha pantasma. E alí estaba él, lucindo probablemente un moreno esplendoroso e un tipo de espanto, ben vestido, conxuntado, co pelo colocado no seu sitio e cada arruga do seu rostro de home de cuarenta e cinco anos disimulada baixo mil cremas miragrosas. Alí estaba él e así o imaxinei eu , porque nin o mirei. Non era preciso. De pronto sentín que era tan só unha pantasma e que podería ir camiñando cara el e atravesalo , pasarlle polo medio sin inmutarme. Era invisible, intanxible e non podía facerme daño. Nin siquiera podía falarme, porque perdera toda capacidade de interferir en min, para sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario