22 junio, 2010

O domingo rematou tal e como debería de comezar, coa contraportada do Diario de Pontevedra e o artigo de Manuel Jabois, algo sobre o mundial que lin moi por riba, porque a min eso do fútbol non me interesa veña de quen veña. Logo comezou o verán, ainda que para min xa comezara un día antes, cando comezaba o fin de semana entre as estanterías do carrefour e un carro cheo de bebidas. E no medio, no medio da enquisa que fixen como consumidora na caixa do carrefour e a lectura apresurada da última folla do xornal, pasou algo parecido á vida. Non sei si foi o sol reaparecido para a ocasión, ou ir de acampada cos amigos despois dunha crise de ansiedade terrible , ou as pastillas novas do psiquiatra, ou a aparición de Julito coma si o tempo non pasara entre os dous, o caso é que as horas foron correndo depresa dun xeito doce e tranquilo, e eu fun redescubrindo a sensualidade esquecida nos últimos meses, a base de caricias, de abrazos , dun tonteo casi adolescente que non pasou dun agarrarse das mans, dun xogar coas olladas pícaras e uns cantos mordisquiños nos pescozo.

Agora agárdame San Xoan, coas súas cacharelas cheas de maxia, nas que queimar os desexos e consagrar nese xesto o porvir. A esperanza. A ilusión. O entusiasmo. Esta vez vou dicir os meus desexos en voz alta, ben alta. Dise que si se contan non se cumpren , pero eu penso que é precisamente esa condea ao secretismo máis absoluto o que os convirte en imposibles. Esta vez vou a compartilos con todo o mundo , e sei, teño a absoluta certeza de que van a cumplirse.

1º. Que eses amigos que teño e que tanto contrarío a diario coas miñas impertinencias, crises, caprichos e desmesuradas tristezas continúen ahí un ano máis, coa mesma dedicación e o mesmo cariño incondicional.
2º. Que o tempo acabe por colocar a miña cabeza nalgún sitio, onde poida atopala cando sinto que a perdín ou que a estou perdendo completamente.
3º. Que a miña familia siga de pé, coa entereza , a coraxe e a paciencia que demostraron sempre e que lograron traerme ata aquí. Si eles seguen en pé, ben seguro que eu tamén seguirei intentandoo.

No hay comentarios: