Teño unha sensación extraña que chegou co otoño, igualiño que chegou a choiva sobre a cidade, sobre a miña vida, sobre os contenedores de lixo. Así chegou o cambio no meu micromundo persoal, de pronto e arrasando con todo. Tanto que estou como desaparecida dos meus, máis por necesidade que por un desexo consciente.
*
Este era un pequeno apunte persoal, coma sempre sigo valorando o xesto máis cao resultado e por iso tentarei continuar viva neste blog, ainda que xa non teña tempo, nin gana, nin motivación algunha. Sigo viva, pero non sigo viva nas cousas cotiás. Extraño, xa dixen. De repente sentín que casi todo me saturaba, sobre todo internet, coas súas falsas apariencias, coas súas verdades a medias e coas súas trampas. Sin embargo, hai cousas que ainda cobran algo de valor dentro da miña intimidade, algunha lectura, algunha película...Deixei de lado os xornais, as noticias, casi todo o que me pon en contacto coa realidade, como si buscase fuxir do mundo por un tempo. Fuxir e refuxiarme, eso é. ¿ E por qué o conto? quizais non é máis ca unha declaración de intencións, como tantas outras, e tamén, porque preciso contalo e porque sei que ninguén o lé. O caso, que rematou verán e non sei donde colocarme para continuar tirando para diante. Boto de menos tantas cousas...
*
Saín á rúa baixo a choiva, como cada mañá ( non, como cada mañá non, levaba rabia nas entrañas, cousas do traballo, dos xefes, dos lambóns que deciden en base só aos seus intereses) a tomar un café, e cando cómodamente estaba instalada diante dunha taza de café e bizcoito recén feito, tralo cristal da cafetería él agardaba baixo a choiva , na rúa, a chegada de alguén. Pensei que mollado, encollido dentro da súa cazadora marrón, co cabelo formando rizos que lle caían pingando sobre a frente, era ainda máis guapo, máis real. Nese instante, na rúa, mollado, era un mortal máis e non ningún deus chegado doutro mundo. Alegroume a mañá, qué fácil.
*
hai bicos que te pillan por sorpresa, outros que non significan nada, outros que , simplemente , non dan chegado...¿Crees no destino?
Eu é quizais unha das poucas cousas que non se poden ver nas que creo. Creo nos sinais que nos vai marcando o propio destino : por exemplo, un encontro inesperado...dous segundos, nada relevante a simple vista, e sin embargo, a min márcame a certeza de que algo vai acontecer en breve. Nunca falla esa corazonada instintiva que só cobra verdadeiro sentido cando se cumple o vaticinio....
falábache de bicos...hai bicos que non dan chegado...e non estou preocupada porque hai moitos sinais que me indican que se vai cumplir a premonición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario