16 octubre, 2009

Esa tristeza densa que se confunde co desengaño. Hai noites que non rematan nunca, que son unha viaxe infinita a tódalas nostalxias dunha vida, e de canción en canción, de dor en dor, percorre unha os camiños de antaño, coas bágoas a piques de asomar , e o corazón encollido.
A sorte, esa que nunca lle da por facerme compaña, tampouco agora parece que desexe ser a miña compañeira. Pero nesta noite longa de música e tristura, sei que o amor tamén pode ter verbas amables, e que non sempre tódolos camiños conducen a Roma. O amor é a dúbida , e ao mesmo tempo é a resposta.

Equivocada sempre, na mesma encrucillada loitando contra un destino hostil. Todo lles sucede aos demais, e eu asisto ao espectáculo da vida como unha espectadora que aplaude ao final de cada acto, que chora cando morre o protagonista, que se emociona cando se namoran os actores e a obra remata nun longo bico. Pero a miña vida...eu no escenario...eu namorada...eu sendo feliz...Esto non sucede nunca, e así acabo por aceptar que a vida é o que lles pasa aos demais mentres eu agardo un golpe de sorte sentada á beira do camiño.


Quería querelo. Quería acariciar ao seu can con amor e facerlle ver que era así de fácil, que só había que deixarse sentir, deixarse facer como si sempre estivesemos agardando un polo outro. Tiña que ser amor, porque non podía ser doutro xeito, porque era perfecto. E cando o ollei valentemente e soupen que podería amalo para sempre comprendín que acababa de colocar unha barreira máis na miña existencia. Agora todos os homes que se cruzasen no meu camiño terían que ser cando menos tan bós coma él.
Pensei nese home que tanto quero en segredo, co que apenas falo, do que apenas disfrutei uns bicos furtivos no medio dunha noite extraña na que eu cumplía anos, e non puiden evitar facer comparacións. De pronto convertíranse nos únicos dous homes aos que eu podería amar.

No hay comentarios: