30 septiembre, 2009

El fabricante de ruinas

" Que triste esta tristeza, /qué ganas de llorarlo todo" El fabricante de ruínas.


Busquei refuxo na poesía como quen busca morada nunha noite de choiva cando se atopa nunha aldea descoñecida, por necesidade e tamén, por que non dicilo, por medo. ODA A TU TRISTEZA é un poema sinxelo de María Eugenio Reyes Lindo que describe a tristeza dun xeito absoluto e conmovedor "tristeza sola y simple / como salida de un crisol;/ como tuvo que ser/ la tristeza primera/ del mundo:/ ver el amor trocado en otra cosa". E nesa tristeza eu atópome moi identificada, e ao mesmo tempo intento escapar dela como única salvación posible. Entón, añoro a infancia, esa patria sin cadeas , sin nubarróns sobre o horizonte, sin madrugadas de insomnio...E afástome de todo canto é real e fai dano, de canto afonda máis na ferida, esa ferida aberta que me foron deixando os anos; o corazón aberto en canal, as pernas disecadas, a gorxa seca.
A vida é sinxela cando tes quince anos ( aquel inferno en hospitais blancos, sondas, operacións, máquinas que se facían as donas do meu corpo para sempre, do seu latexar...xa nunca máis autónomo; xa para sempre controlado como si fose un robot) cando só agarda o instituto ao outro lado do pixama e as zapatillas. O colacao. Cando os dramas se construían nun día e se solucionaban nun minuto. Sempre mamá, sin comprender nada, expectante, amorosa, nai ante todo non amiga, ¿quén quere que mamá sexa amiga, di?
A vida é sinxela cando estudias na universidade e colles un pedo tras doutro e namoras por primeira vez e suspendes por primeira vez e deixas de ir a un exame e fodes sin amor e descubres aos clásicos e durmes ata que che peta.
A vida é sinxela cando tes trinta anos, e un traballo , e unha profesión decente e recoñecida, e un soriso fermoso que ainda che serve para conquistar a alguén, e cartos para facer pequenas viaxes e algún que outro soño gardado na carteira para cando toque gastalo. Pero de pronto un día , a realidade asoma coma unha lousa que cae do ceo e te aplasta ao caer. A realidade é un mostruo de sete cabezas que che fai mirar atrás e comprender o que é a nostalxia , e o que é o medo. Virán máis hospitais , máis sondas, máis operacións...con seguridade. Pero todo o demais, aquela seguridade, desaparece e deixate no baleiro. Nada. Só ese abismo que se chama futuro. O amor é un recordo doutro tempo. E todos os pilares do meu hemisferio son como un fío a piques de romper.
O pesimismo é un estado de ánimo. Como a tristeza. Como a morte. " Y no existe el mañana. Cada día / es un hoy permanente, / como aquella película./ Un hoy que arrastra/ mi ayer por los pasillos/ un hoy que no despierta..."

No hay comentarios: