Venres, 13:05. Teño a un imbécil polo mesenger que non me di nada novo dende fai minutos, e suspenderonme a clase de hoxe na Uned (joder, hoxe que sí, que pensaba ir), estou aburrida, saturada de noticias malas e regulares, aburrida da choiva e da calefacción abraiante da miña oficina. Teño o cerebro nun estado de ebullición que me preocupa. Decembro non ten moito que facer conmigo, xa aviso. Venres, ponte da Constitución e á volta da esquina só me espera Vilalba, ay, volta ao fogar.
O imbécil segue mudo ao outro lado da pantalla, pa min que anda mosqueado...Non podo con esta calor, con este venres que se alonga máis e máis...Por certo, nota aclaratoria, non eres ti, Bea, a imbécil do mesenger.
O BCE baixou os tipos de interese. Notición. Pretende con esa medida axudar a que o paro non suba de xeito catastrófico. En fin, o binomio inflación/desemprego nunca se cumpre ao cen por cen. Keynes está morto, pero tamén hai que lembrar que ao lado das medidas de Roosevelt hai que sumar a Segunda Guerra Mundial, como factor determinante para rematar coa crise dos anos 30, a Gran Depresión. E agora, outra depresión, que non sei si é tan ou menos grande ca que se produxo co crac do 29, eu non entendo nin papa de economía, pero teño a impresión de que os que dirixen o cotarro tampouco teñen moita idea. Lin nun blog que a crise a devolveu -a autora do blog, se entende- á radio, a emisoras musicais. Qué boa idea, escoitar música dos 70 e 80 , tirada no sofá tomando mojitos. Fin das preocupacións. Uff, qué espesa estou. Ah, si, a calor.
Bó fin de semana a todos. Felicidades Constitución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario