10 diciembre, 2008

Estación Nadal

Demoledora natureza, que acude a suministrar un pouco de incertidume sobre as nosas conciencias. Hoxe é o preludio da estación Nadal, cos seus máis e os seus menos. Eu paso. Así de simple, sin maiores pretensións que vivir cada día baixo o mesmo sol, e ser feliz (jaja) Pretensión inútil, escurridiza, algo improbable nesta estación dos mil diaños. De cea en cea, de tenda en tenda, de soriso en soriso: Hipócritas. Pero a realidade escribena os xornais e nós nin nos inmutamos. Mil millóns de persoas morren de fame mentres nós nos queixamos da subida da hipoteca e de que as cidades non nos saúdan con luces de cores, mentres nos deixamos arrastrar por ese monstruo chamado consumismo. E logo o futuro. Tamén o futuro acojona cando se pon unha a pensar que os xoves de hoxe, ( lin na Voz que son máis conservadores, que están a favor da pena de morte, en contra do aborto, que teñen o primeiro fillo aos 22 anos e que o 40% non leeu neste ano ningún libro) son os que construirán o futuro, as leis do futuro, a sociedade do futuro. Quédame xeado o corazón e non hai ollada que me libere. O primeiro mundo é unha trampa que fai de nós autómatas analfabetos, insolidarios e déspotas, e o terceiro mundo agoniza coa ollada perdida. Na estación Nadal o Corte Inglés vístese de largo e fainos crer que a felicidade se envolve en papel verde con lazos dourados e as administracións públicas gastan cartos públicos en campañas que non sirven para nada. Fai frío na rúa, e non sinto o frío porque o meu corazón está xeado. Europa pensa na crise, os bares están cheos de parados que se lamentan e buscan culpables, e ao final todos miramos para outro lado porque non soportamos máis dor. Fai demasiado frío.

No hay comentarios: