Un martes que se parece a un luns , en todo, en casi todo. O único que diferencia a este martes dun luns calquera é que mañán será mércores e estaremos na metade da semana, coa nostalxia da fin de semana intacta na retina.
Houbo unha noite de venres como calquera outra, bicos grises que non tiveron moito que ver co amor , que se precipitaron entre catro paredes estreitas , sin xeito nin maña. Houbo sorisos de wisqui e noite , ao fin de contas. E logo, todo cobraba un ritmo de ponte, de vacacións, de fin de semana diferente. Houbo máis noite, con remate no último garito posible aberto en Vilalba, despois de voltar a aquela discoteca á que tantas veces ía de adolescente. Houbo visitas a bares e a casas de ilustres, a estatuas memorables. Houbo churrasco en familia e terror servido de sobremesa, con caipirinhas para encher a tarde, no medio da nada que caracteriza ás aldeas. Saw dicurría entre fume de tabaco , ruído de picadora de xeo, conversas...Entre amigos as resacas pásanse sin presa, e os domingos teñen sentido, por fin. A medida da nosa felicidade, os domingos. Houbo uns viños en Cospeito, houbo unha cea que chegaba despois de demasiada comida, de demasiado alcol, de demasiado...sin máis. Houbo cansancio, ganas de durmir, de deixar de encher vasos que baleirar entre conversas e horas. Houbo un paseo matutino a un lugar casi máxico, escenario dos soños da miña infancia, onde había duendes e fadas, e monstruos. Houbo tranquilidade na mesa antes de marchar, política , historias, batallas...Houbo fin de semana, que rematou nun martes que se parece a un luns, en casi todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario