30 diciembre, 2008

Lembranzas

Fin de ano, esa fronteira imaxinaria...como tantas outras que nos poñemos a cada paso, para romper coa monotonía dos días, dos anos, do tempo implacable , sempre correndo detrás de nós. Todavía queda algo, unhas horas para a despedida, e casi todos farán/faremos balances do pasado e do futuro (quizais o máis duro sexa sentarse á beira do ano novo e mirar cara diante sin perder o optimismo) Eu non quero facer aquí ningún balance, nin persoal nin siquiera recopilatorio de noticias relevantes, ¿para qué? Quero lembrar, eso si, as persoas que me quixeron e me coidaron durante todo o 2008, e poñer o meu empeño en seguir querendo e coidando eu tamén a esas persoas. E quero lembrar tamén a todas as persoas que coñecín neste ano, e que dalgunha maneira se fixeron cun anaquiño , cun espacio propio no meu espacio reservado para os "quereres". Lembrar , ainda que só sexa un segundo, a aquelas persoas que se cruzaron no meu camiño para ben ou para mal, sin deixar excesiva pegada, pero que dalgún xeito tiveron relevancia...Lembralos a todos eles:Vanesa, Raquel, Paco, Miguel, Juan, Bea, Jacobo, Mar, Sonia, Raquelita, Fernando, Moncho, Toño, Luis, Daniel, Ramiro, Susana, Dora, Patricia, María, Alberto, Manuel, José, Ester, Esteban, Manu, Julito, Eva, Camilo, Alex...

1 comentario:

Raquel Gulías dijo...

Gracias por incluirme en este recuerdo. Me gusta que me llames Raquelita.
Feliz año, darling!
Nos vemos el finde.