Chovía con furia hoxe, de madrugada. E sin embargo eu non quixen encabronarme co día , preferín un reflexo positivo, algo así como pensar que as rúas non están afastadas de nenos camiño das escolas, que é máis fácil chegar ao traballo andando, a pesar da choiva, porque todos van en coche e teño a calzada toda para min. Son unha camiñante soa pola rúa, pegada ás paredes dos edificios, evitando as goteiras, esquivando charcos...O amor tamén chove con furia hoxe. Non sei, non comprendo, non teño verbas precisas, nin siquiera verbas desgastadas para botarlle en cara a alguén o meu infortunio.
Chegou decembro, facendo ruído de neve, de frío, de vendabal, de mal tempo ao fin. E na calor das casas consumiuse un tempo que non vai voltar. Eu tamén tiven a miña propia maneira de consumir o meu presente, que xa é pasado nas mans. O olvido ule tan raro...E todo tan extraño, tan incomprensible ás veces. Incluso agora, non sei quen son. Decembro chegou facendo ruído, pero teño a sensación de que chegou antes de tempo.Ainda foi onte cando voltaba da praia ao atardecer, coas chanclas e os pantalóns cortados...E hoxe respiro inverno e melancolía, teño frío e doéme algo dentro...Nosltaxia , quizais. Consumiuse un tempo que non vai voltar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario