16 diciembre, 2008

Hoxe é un día apetecible. Subxetivamente, como casi sempre acontece. Porque o tempo nada ten que ver coa xeneralidade das cousas senón cun mesmo, coa nosa propia perspectiva. As cousas son e están segundo nós somos e estamos.
Gustoume a imaxe de Fraga asistindo a unha conferencia de Quintana, facendo xogos marabares coas palabras, sopesando , ponderando, colgando...E no medio voan zapatos polo aire en Iraq e Touriño baila rock & roll na súa proclamación como candidato á Xunta de Galicia. A neve remite, a choiva da tregua , e ainda hai espazos libres de luces navideñas nalgún punto escondido da cidade. Así o día configurase como apetecible. Hoxe que Fraga non quere colgar nacionalistas, hoxe que por fin sae tímidamente o sol, hoxe que agardo unha chamada que me salve da monotonía...
***
Non creo moito no Nadal, surxeme sempre a dúbida de si as apertas e os sorisos son reais ou froito dunha esquizofrenia contaxiosa. O Nadal disfrazase de consumismo, ou máis ben mimetizanse , fanse a mesma cousa, e os que non temos nada que agardar nestas datas sentímonos ainda máis desgraciados. A familia non ten nada que ver co 25 de decembro, nin tampouco ten nada que ver co Nadal a felicidade, os desexos de paz...Ao menos así debería de ser.

No hay comentarios: