A vida é demasiado curta, e ás veces non nos damos conta, ou cando o facemos é demasiado tarde. A morte sempre irrumpe de maneira imprevista, e deixa en nós unha amargura indefinida e gris. Hai mortes que nos arrastran , que nos firen profundamente, que nos fan morrer un pouco ; acontece cando morre un ser querido, un familiar , un amigo íntimo, ou mesmo un veciño coa presencia do cal fumos medrando dende nenos. O estado no que nos deixa a desaparición dalgún destes seres queridos é casi un estado pantasmagórico, quedamos como almas en pena, sin capacidade de reacción, cunha tristeza infinita gravada na pel e na mirada, que tardará moito en desaparecer. A tristura é mala compaña para a reflexión, así que , aletargados sufrimos a nosa pena apoiándonos na xente que nos quere, e tiramos para adiante. Pero ás veces , a morte, sen levarse por diante a un ser querido, convértese en algo máis ca un simple número escoitado nas noticias, ou plasmado nas páxinas dun xornal, e é entón cando nos fai reflexionar.
Unha simple mensaxe no móbil "morreu Fernando, teu primo" fixo que todo se me revolvese por dentro, deixei de ler o libro que tiña nas mans, quedei paralizada uns segundos, e despois todo o meu mundo mudou, por dicilo dalgunha maneira. O meu primo Fernando, un home novo , penso que non chegaba aos cuarenta, morreu onte pola noite despois de loitar contra o cangro durante uns meses. Non tiña relación con él por circunstancias da vida, non medrei xogando con el ,nin tivemos nunca unha conversa. Foi veciño noso durante anos, pero agora vivía nun pobo de Lugo coa súa muller. Non é un morto anónimo, nin descoñecido, é pola contra un deses mortos que che fan pensar no corta que pode ser a vida que nos toca, que a sorte xoga un papel fundamental e que non sempre nos queda todo o futuro por diante.
Penso no meu primo casi dunha maneira obsesiva, como querendo rescatar do laberinto da miña memoria calquera imaxe ou calquera momento no que se cruzaron as nosas vidas. Lémbrome sobre todo de cando él era un rapaz duns vinte anos, e eu tan só unha nena. Non o quería, quero dicir, que non sentía por el un afecto familiar, sen embargo a noite de hoxe, que pasei entre pesadelos e suores friós, fíxome comprender eso que din os maiores de " o sangue tira".
Levanteime abatida, cansa, sentíndome extraña neste mundo, e ao mesmo tempo chea de medo. Medo a non ter tampouco eu futuro, a perder o tempo en depresións inútiles e non aproveitar o momento. Creo que ao final esa é a mensaxe coa quero quedarme despois da tráxica nova, que a vida rómpese de pronto, sin importar que idade teñas, e que ás veces non existe un mañá no que poidamos cumprir os nosos soños. Por iso temos que contruír cada día como si fose o último, como si a vida fose tan só este minuto que disfrutamos agora mesmo.
Non coñecía a Fernando pero non podo evitar sentirme moi triste, e ao mesmo tempo, non podo evitar darme conta de que moitas veces desperdicio o tempo con achaques sin sentido. Vaia esta pequena homenaxe para él, este pequeno espacio para o seu recordo, e para todos vós un consello: exprimide a vida, aproveitadea, facede de cada día algo inolvidable.
1 comentario:
eMMA NO SABÍA, TE ACOMPAÑO EN EL SENTIMIENTO.
Publicar un comentario