No programa electoral do Partido Socialista atopamos o compromiso de que si gañan as eleccións tratarán de aplicar aos preservativos e ás compresas o tipo superreducido do IVE do 4%, en lugar do actual 7%. A xustificación non é outra que considerar os condóns como un produto de suma importancia para a prevención de enfermidades (único medio para a prevención de enfermidades de transmisión sexual) e , en canto ás compresas e tampóns, por consideralos como un ben de primeira necesidade para as mulleres.
Pois xa era hora de que algún partido político chegase a estas conclusión, que ainda que tivemos que esperar ata o 2008, máis vale tarde que nunca. Esperemos que si o PSOE gaña o 9 de marzo faga da súa promesa unha realidade.
1 comentario:
yo desearía más la ley de plazos, pero visto lo visto, lo de los condones está bien. de todas maneras, respecto a su uso no creo que sea un problema de precio, ni de información ni educación...., sino de estupidez. Naturalmente me refiero a los condones. La ventaja de las compresas es que las puedes sniffar para saber a qué huelen las nubes y tal
Publicar un comentario