Cada individuo ten unha serie de características sociodemográficas e culturais en torno as cales pode constituirse unha identidade. A identidade implica que unha persoa , en función dunhas determinadas características sente que pertence a un grupo, e esa pertenencia a ese grupo condiciona o seu comportamento social, e mesmo político. Existen identidades relativas, por exemplo á clase , un pode sentirse identificado coa clase media, ou alta; identidades relativa ás crenzas relixiosas; identidades relativas á etnia etc. Pero unha persoa pode tamén sentirse identificada cun grupo tendo en conta a súa profesión ou mesmo unhas aficións determinadas.
Cando constituimos un grupo, en base a unha afición, poñamos por exemplo o teatro, presuponse en primeiro lugar a existencia dunha paixón de tódolos membros pola interpretación , e con carácter xeral pola arte. Pero a paixón polo mundo do teatro pode non ser suficiente para construír unha identidade de grupo. Hai máis características a ter en conta, como poden ser as ideas sobre cómo entender o teatro, o que a interpretación debe procurar, ou mesmo cómo se conseguen eses obxectivos. Tendo en conta todos estes factores, identificarse co grupo, pode ser máis complexo do que nun primeiro momento parecía. E aínda poderiamos ir máis lonxe, e contemplar que na definicións dos fins que perseguimos coa interpretación e os mecanismos que empregaremos para conseguir eses fins, poden xurdir ideas contrapostas que teñen uns transfondos sociais , éticos, morais ou políticos totalmente contrapostos. Si anilizamos a nosa identidade de grupo abranguindo todos os aspectos expostos, cada vez teremos máis dificil definirnos en base a esa identidade. E dicir, a pertenza a un grupo de teatro, de danza ou a un equipo de fútbol, non constitúen na maioría dos casos unha identidade de grupo, esto é , non garante que os membros dese grupo teñan comportamentos socias semellantes.
Pero pode suceder que as diferencias relativas aos aspectos concretos nos que se articula cada característica que xeneraliza a un determniado grupo sexan de tal entidade que son xeneradoras de conflicto entre os distintos membros do grupo. Cando as diferencias son insalvables, e fan que un individuo, membro do grupo, deixe de sentir que pertence a ese grupo, toda actividade carece de sentido, posto que as premisas iniciais desaparecen para deixar paso a confrontación.
Tendo en conta todo isto, o normal sería non só buscar unha determinada actividade para realizar no tempo libre fixándonos só nos nosos gustos, senón tamén elexir un grupo co que desenvolver esa actividade atendento a máis factores que o feito de que me guste o teatro ou a música, por exemplo. E dicir, si me gusta o teatro, non só debo buscar un grupo no que desenrolar a miña inquietude interpretativa, senón tamén buscar un grupo co que poda sentirme identificada nos aspectos relativos , en primeiro lugar, a cómo interpretar o teatro coma arte, e en último termo, identificada tamén nos apectos culturais e morais que determinan o noso comportamento dentro da sociedade. Do contrario a pertenza a calquera grupo está destinada , irremediablemente, ao fracaso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario