Pois si, todos temos ilusións, ainda que as ilusións duns e as doutros son ben distintas. As ilusións dos políticos pouco teñen que ver coas ilusións dos pobres mortais, pero a súa maneira de manifestar as súas inquedanzas e as súas decepcións non son diferentes da maneira na que actuamos cada un de nós cando nos sentimos derrotados. Lendo a reconstrucción da reunión entre Rajoy, Acebes, Esperanza Aguirre e Gallardón, na que Rajoy comunicaba a Gallardón a súa decisión de non levalo nas listas ao Congreso por Madrid, dase un conta de que as reaccións que alí se produciron non distan moito dunha disputa de patio de colexio. E é que no fondo, cando nos sentimos humillados, cando vemos que todos os nosos esforzos de cara a un obxectivo caen en saco roto, cando apostamos forte e perdemos, non podemos evitar , porque somos humanos, primeiro poñernos á defensiva "esto es una trampa, una encerrona", despois choriquear " No puede ser .No me podeis hacer esto. Llevo treinta años en este partido..."E xa por último, xa na fase final, anunciar a vinganza " Mariano, tú has tomado tu decisión. Y yo la mía. Después del 9 de marzo dejaré la política".
Esto que sucedeu dentro do partido popular, e que moitos tildan de auténtico espectáculo, non é nin máis nin menos que o panorama político ao que nos enfrentamos a poucos días das eleccións xerais. As ambicións duns e doutros quedan así ao descuberto, e ainda que nun primeiro momento podemos sentir compaixón polo derrotado, o que finalmente nos queda claro é que ben pouco importa neste circo o interese xeral. Tanto Esperanza como Alberto -permitídeme este grao de confianza_ tan só buscan posicionarse de cara ao novo escenario político que nos deixará o 9 de marzo. O que estaba en xogo non era a confección dunhas listas coas que presentarse ás eleccións o 9 de marzo, senón afianzar unha especie de liderazgo que lles permitise a un e a outra, gañar posicións no camiño á presidencia do governo no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario