Mariano Rajoy manifestou onte que si gaña as eleccións do 9 de marzo eliminará a materia de Educación para a cidadanía dos plans de estudio, e como xustificación das súas ideas en materia educativa alega que non quere que as ensinanzas se presten ao adoctrinamento nin á manipulación, e que as materias deben respetar o ámbito de formación que corresponde ás familias. Propón así como alternativa a esta materia o sentido común. Cando o PP nos fala de sentido común, eu non podo evitar poñerme algo nerviosa, e deume por indagar un pouco sobre este tema e botar unha ollada aos contidos desta materia. Antes de nada cómpre facer unha precisión para saber do que estamos a falar.Educación para a Cidadanía é o nome dunha materia diseñada para o último ciclo da Educación Primaria e toda a Secundaria que consiste no ensino dos valores democráticos e constitucionais. A materia nace dunha recomendación do Consello de Europa do ano 2002 , co obxectivo de promover unha sociedade libre, tolerante e xusta, que contribúa á defensa dos valores e principios de liberdade, pluralismo, os dereitos humáns e o imperio da lei, que son fundamento da democracia. A miña dúbida principal é cómo pode o sentido común sustituír toda a formación que implica o estudio desta materia, centrada sobre todo nos principios de respeto, tolerancia , solidariedade e igualdade, así como no estudio do funcionamento dos sistemas democráticos do siglo XXI, a globalización, o estudio das desigualdades nas nosas sociedades e os conflictos do mundo actual.
A materia referida non pretende adoctrinar tal e como o PP e a igrexa pretenden facer ver, senón proporcionar os elementos necesarios aos cidadáns para desenrolar a súa personalidade nun estado laico, respetando os dereitos fundamentais, e rexeitando situacións de desigualdade ,marxinación e discriminación, potenciando o respeto, a participación , a representación e o debate como medio para a toma de decisións e resolución de conflictos. Non se trata de inculcar unha moral, senón de ofrecer un punto de vista plural da nosa sociedade na que nos podamos desenvolver como cidadáns libres e iguais. Adoctrinar é facer crer que as propias ideas sobre a familia e a moral son as únicas válidas, sen permitir a crítica ou a reflexión. Podo entender que a igrexa vexa nos contidos desta materia unha amenaza clara ás súas pretensións, pero o que xa non se explica é como un partido democrático pretende utilizar os mesmos argumentos que a doctrina católica para evitar a formación dos cidadáns nos deitos humanos e os principios constitucionais. Por favor , reflexionade un pouco sobre esto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario