"A enerxía non se crea nin se destrúe, simplemente se trasnforma". Esta lei da física serve para explicar moitas das cousas que acontecen no universo. Onte tiven unha conversa cun amigo sobre esto da enerxía; a súa teoría é que o 2008 vai ser un ano brutal, fantástico, pois comezou cunha enerxía devastadora. O certo é que si nos paramos a observar a toda a xente que nos rodea, e sobre todo si botamos a vista aos comezos do ano, darémonos conta de que todo o mundo estivo un pouco "rariño". A xente está na súa maioría enferma, con infeccións fortes de gorxa, gripe, pulmonías, ou fortes dores extrañas e inexplicables. Pero non só hai un malestar físico xeneralizado, senón tamén un malestar espiritual, psicolóxico, un desasosego profundo, parecido á depresión pero sin causa aparente. ¿Non vos destes conta? Eu si que o notei, primeiro en min, que non acabo de atopar o meu sitio neste mes de xaneiro, e despois en tódolos meus amigos, incluso nos máis optimistas, que de pronto se volveron tristóns, melancólicos e apáticos. Pois ben, este amigo do que vos falba ao principio, di que é pura e simplemente unha cuestión de enerxía. A enerxía que está a fluír co novo ano é forte e faise notar. E parece negativa. Pero como esta enerxía vai transformase, por aplicación da lei física que comentaba, vaise tornar positiva e enriquecedora. Espero que meu amigo teña razón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario