15 enero, 2008

Xaneiro

Uff, xaneiro. Ou quizais sexa o 2008, non sei, pero o caso é que o tempo anda revolto, dentro e fóra das nosas cabezas. Parece que a costa de xaneiro é moito máis que unha costa, e que afecta non só aos nosos petos , senón tamén aos nosos espíritus. Non creo que teña nada que ver coa inflación, ou coa subida dos alimentos, ou coa proximidades dunhas eleccións xerais. Penso que é outra cousa, moito máis indefinida, e por suposto, moito máis concluinte. Pero afortunadamente, nada dura eternamente, nin siquera os malos tragos que hai que pasar, así que , pouco a pouco , este mes irase compoñendo de todo, ou polo menos acabará por deixarnos respirar un pouco.

Quizais non suceda nada, tan só exista esta tristeza extraña dentro de min, e non teña nada que ver nin coa choiva, nin coas rebaixas, nin coa resaca que nos deixou o Nadal, nin coa volta de súpeto á rutina. Si, quizais todo está dentro de min, tan só. E esté a pagar os erros de decembro,ou mesmo os de moito antes, quen sabe.

Ben , en todo caso, aquí estou, non sei moi ben o motivo, pero aquí estou, escribindo desde a miña esquizofrenia de primeiros de ano, inducida por unha ansiedade consistente e dulzona ao mesmo tempo. Benvidos ao meu mundo máxico de realidade. Ao meu reino.

Saúdos a todos.

1 comentario:

bor dijo...

Como la reina de Palandria estás resurgiendo... como el Ave Fénix resurgió de entre las cenizas... y lo harás con fuerza, seguro!!! Ánimo!! Estoy con tu amigo: este año será brutal, lleno de cambios... Sigue escribiendo así de bien, eres mi escritora favorita, je je... Besos mil, guapa!!! Arrrrrribaaaaaaaaa!!!!!