18 enero, 2008

Inventar o futuro

“O mellor xeito de predecir o futuro é inventalo”. Dende logo esta frase podería convertirse no lema de calquera, pero sen dúbida trátase dun lema para valentes. Inventar o futuro encerra toda unha filosofía da vida e unha maneira de comprender o mundo. Invertar o futuro é levantarse cada día coa firme pretensión de construilo, loitando polo que se desexa, facendo posible o desexable e imposible o que nos aterra ou simplemente non nos interesa. Inventar o futuro , gústame pensar, e construir a realidade co mesmo material dos soños. Facer dos soños a nosa realidade. Non imaxinar a posibilidade de ir alí algún día, senón comprar o billete de tren que me levará a esa estación mañá, porque si, porque eu o decidín. Porque invertar o futuro é decidir. Decidir donde, cando, cómo...decidir con quén e para qué.
Inventar é crear, pero non crear de calquera maneira, senón crear con creatividade, con orixinalidade, con imaxinación. Inventar é contruir de maneira artística, poñendo nas creacións a alma enteira, o corazón, a maxia que nos percorre por dentro.Inventar o futuro é camiñar pola vida con ilusión e esforzo, fabricando con vontade firme a realidade tal e como a soñamos. Non se pode esperar un amor, non se pode esperar un golpe de sorte, non se pode esperar a que algo suceda de pronto para que todo mude. Somos nós os que debemos mudar as cousas que non nos gustan. Trátase diso, de saber que somos os únicos que temos capacidade para mudar as nosas propias vidas, o noso presente e o noso futuro. Fagámolo.

1 comentario:

xacobeenalcorcon dijo...

muy acertado sí señor