04 julio, 2011

Hai mensaxes confusas que te deixan cun run run constante na cabeza inutilizándote casi para calquera outro pensamento. A miña é "Eu tampouco xogo ó despiste".

Son defensora da contundencia, sobre todo no que ao sexo e ao amor se refire, e non me gusta perder o tempo en explicacións insustanciais e rodeos innecesarios. Para min un café é un café e un polvo e un polvo, un gústasme significa exactamente iso, e un non é un non, rotundo e sin complexos.

Por iso prefiro sempre que un home faga o mesmo ca min e poña as cartas enriba da mesa dende o principio. O que sucede é que ás veces tamén me deixo caer no xogo da seducción, das palabras que din as cousas a medias e o coqueteo casi adolescente. Doume conta da traición aos meus principios, freno e procuro rectificar , en parte porque non me gustaría que o outro se perdese entre tantas medias verdades e guiños que poden parecerlle indescifrables. Freno e rectifico cunha post data ao final dun email. E chega o seu freno, e a súa rectificación casi ao mesmo tempo. "Non fan falta p.d. , Emma , eu tampouco xogo ó despiste".

¿Rompín a maxia? ¿Estropeei coa miña obsesión pola claridade das cousas o que podía ser unha bonita historia de conquista? ¿Rematei co coqueteo que tanto me estaba gustando? Ou pola contra, deixando as cousas claras ¿abrín a porta a un atrevemento ainda maior que nos permita xogar coas palabras máis abertamente, sendo moi conscientes do que realmente estamos a dicir?

No hay comentarios: