21 julio, 2011

Anda un home con moza a dar voltas pola miña cabeza. Tampouco me quita moito tempo, ás veces penso nel e outras simplemente doume conta de que comezo a esquecelo e que só lembro as súas películas. É actor. Non sei todavía si é un bó ou un mal actor. Nin siquiera sei si é un bó home. Sei que podemos coñecernos mellor, e que chegaremos a un grao de intimidade extraño, unha complicidade de amantes maduros que nunca acaban de culminar de todo o seu apetito compartido, que deixan contas pendentes por precaución -que non por gusto- e que buscan nos cruces de palabras o alento que non atopan na realidade das súas rutinas. Sei que os bicos deixarán un regueiro de sangue detrás e que non nos importará demasiado. E sobre todo, sei, que a cousa se quedará en anécdota triste e fugaz, como acaban todas as grandes historias de amor da miña vida.

***


No hay comentarios: