29 julio, 2011
Amar a mares
*
"O tempo pasa e eu non vou mirar atrás"
*
A nostalxia doce, esa que se che pega ao corpo e que deixa un regusto ambivalente, tende a agolparse na memoria dun xeito contundente que nos produce certa sensación de mareo. Os recordos parece que nos afogan pola certeza de que xa non voltarán a repetirse, e ao mesmo tempo, vivifícannos e tiran por nós, dándonos unha enerxía que ata entón descoñeciamos posuír. Así é a nostalxia dos días longos de verán , baixo un sol abrasador que nos mima e unha brisa fresca de mar.
Estiven en Ons, e coma sempre deixei na illa moitas cousas e trouxen conmigo outras tantas. Na illa paréce que chego a purificarme un pouco de todo, a esquecerme do mundo por completo e vivir tan só ese preciso instante no que o horizonte é o único que existe. Fanse amigos en Ons, e pasa a vida como debería de pasar sempre, calma e plena, co placer a flor de pel a cada paso.
Era quizais a hora máxica da tarde, do día ou mesmo do verán , diría eu. Unha fotografía perfecta inmortalizando para sempre o momento no que tres rapaces sentaban á beira do acantilado, o mar alí abaixo e o ceo , só o ceo diante dos seus ollos. Aquela inmensidade da paisaxe baixo a conversa cómplice de tres amigos en potencia, que ainda sin saberse amigos todavía, comezaban a ter a precisión de estar a contruír algo. E logo as confesións, as risas, a tranquilidade do que está ben como está, coa certeza de que de ningún xeito podería mellorarse.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario