09 julio, 2011

As prediccións meteorolóxicas para os vindeiros días son de chuvia, ainda que quizais con unha pouca máis de calor. Parece que o verán se resiste, ou mesmo que acabou de pronto e de aquí ao próximo ano non nos queda máis que auga e negrura. É un fastidio, sí, pero non me está afectadno tanto como se podería pensar. Hoxe , por exemplo, é o día do gran concerto e teño postas nel demasiadas esperanzas. Hoxe vai ser un día deses que acaban senón xustificando un verán, polo menos definíndoo.




Tamén onte foi un día de esos, dos que se conservan nun caixonciño da memoria e quedan cando menos como anécdota que se contará durante anos a amigos e borrachos polos bares.


*


O licor café é unha borracheira bipolar. O alcol diche que durmas, e o café diche ¡vamoooossssssssssss¡¡¡¡¡


*


Os zapatos de tacón de agulla son falsos, son imposibles. Chegas a unha tenda e próbalos, camiñas un par de metros pola zapatería e dis "qué cómodos son ,estos sí".E cómpralos. Chegas á casa e volves a probalos na habitación, bordeas a cama con eles postos, camiñando erguida e altiva, e satisfeita repíteste "qué cómodos son, estos sí". E chega a gran ocasión, sexa esta unha voda, ou un baile , ou unha cita esperada...e pos os teus zapatos de tacón de agulla novos -qué cómodos son, estos sí- e baixas as escaleiras do edificio , cruzas o portal e saes á rúa. Unha vez na rúa daste conta de que os adoquíns non son as plaquetas perfectamente alisadas e niveladas da túa habitación. E camiñar convértese nunha aventura tormentosa, parece que camiñas por un campo de minas, vas esquivando furados , desniveis...Das tumbos, tropezas coa xente, non ves por donde andas porque de tanto mirar o chan esqueces de cando en vez levantar a vista. E cando ainda non conseguiches doblar a esquina daste conta de que os zapatos son unha merda, que de cómodos nada e que non poderás camiñar con eles nin unha rúa máis. Así que fas o máis sabio que podes facer, dar volta e cambialos polas sandalias planas de sempre, esas que xa teñen a forma do teu pé e que che sentan como unha segunda pel.


Pero eu , que son optimista, sigo comprando zapatos de tacón de agulla para cada ocasión especial que se me presenta.




No hay comentarios: