Jo, qué fin de semana¡¡¡¡ Si quixera contalo , ¿ por onde empezaría?
*
¿A vida é ir dando tumbos de fracaso en fracaso? ¿Ou acaso hai que evitar os bandazos e procurar sempre certa estabilidade física, e á par emocional, ainda que eso supoña non vivir demasiadas aventuras?
*
Igual noutra vida fun gay.
*
Nun recantiño dun bar el e máis ela están sentados nun sofá un frente ao outro , de lado, ollándose fíxamente. El coloca a caña no xeonllo. Ela fai o mesmo. El síntese retado e coloca a caña sobre a cabeza:
-Sempre funciona- di
-Ata que cae- di ela
-Casi nunca cae.
E continúan falando e coméndose cos ollos, un flirteo inocente , mantendo certa distancia. A caña sobre a cabeza del. A caña sobre o xeonllo dela.
El cóntalle unha historia e para escenificala pega a súa cara á dela. Séntese a proximidade dun bico, pero non sucede.
Ela ten os ollos escuros, redondos, que non deixan de miralo. El ten os ollos azuis, fermosos, que non deixan de mirala. Falan. Rin. A cervexa sobre a cabeza del. A cervexa sobre o xeonllo dela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario