Pechei a porta ao mundo despois de varias cañas e moita frivolidade, precisaba un momento tenro no que estivese por fin cara a cara co meu destino. E non tiven medo ao servirme unha última copa e poñer algo de música. Necesitaba a miña alma desgarrada con romanticismo, romanticismo no que eu non creo pero que sí que podo lembrar. Sí, a esencia última do romanticismo volta a min como aquel recordo dos xelados que tomabamos de nenos, que sabían a gloria e que logo deixaron de fabricalos. Nada voltará a ser igual e sin embargo non podemos escapar da memoria.
Unha copa e unha canción antes de abandonarme ao sono como quen se abandona ao fin dun abismo infinito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario