06 julio, 2011
Zenet - Amaneció sin querer
"pronto se hizo temprano..." Cantas veces sucedeu o que conta a canción e que pouco soupen contalo eu deste xeito. E agora, que descubrín esta canción, que só podo pensar no momento de encontrarme por fin frente a frente con este cantante desexaría que él me acompañase: Él, baixiño, xa non un neno, ollos azuis, voz suave, e esas pequenas arruguiñas ao redor da boca e bordeándolle os ollos...
Gustaríame que me acompañase ao concerto; máis ca nada. E si el me acompañase eu calzaría uns zapatos de tacón moi alto, para ser por unha vez a máis alta, e saber por unha vez que se sente ollando a un home frente a frente, cos meus ollos á altura dos seus ollos. E quizais me puxese un sombreiro, para ocultarme cando non pudise sosterlle a mirada, cando estivese a punto de poñerme a temblar. Pero como non vai ir non sei que vou poñer para ese concerto tan especial e que preparo con tanta dedicación. Entón miña irmá -sabiamente- díxome "Vístete como si él estivese alí, quen sabe, tal vez aparece". E así , con esa frase que foi como unha palmada nas costas, sentinme reconfortada, ilusionada.
Porque algunhas veces hai que crer na maxia para que de verdade suceda.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario