08 julio, 2011

Meticulosamente preparo a escea porque penso que o éxito está nos preliminares. E por iso acicalo o meu corpo con cariño e esmero. Hoxe quero parecer fermosa, pero non cunha fermosuroa impostada, como de catálgo de moda, senón esa fermosura que irradia frescura e quizais algo de descuido, como si realmente non dedicase horas a vestirme , peinarme e maquillarme, como si salise da casa como quen sae a comprar pan.

*
-Hola
-Hola...Eres máis guapa do que recordaba...
-¿Ti tamén traías ensaiada esa frase? E agora, ¿qué che digo eu?
-Di que parece que tardamos demasiadas estacións en encontrarnos, que parece que xa é inverno...
-Chove a mares..
-Podemos facer infinidade de cousas baixo a chuiva, tú máis eu.
-¿Por onde comezamos?
-Eu comezaría polo final, e logo todo será máis fácil. Por un bico ¿qué che parece?
-Non se me dan ben as primeiras citas.
-Por iso, así será como unha segunda cita, despois do bico...
-Eu viña disposta a contarche a miña vida, a aburrirte con historias de avogados e de erros cometidos. Tiña medo de non saber fuxir dos tópicos e de por pudor botar a correr.
-Iríache detrás. Baixo a chuvia.
-Creo que virías detrás, que non che importaría poñerte como un pito.
-¿Entón?
-Biquémonos. Logo, si che parece, podemos pasear un pouco.

No hay comentarios: