Nunca acaba esta historia, non é posible contala , porque ainda non está rematada, e ao mesmo tempo, tampouco podo ilusionarme con ela porque non avanza, parece estar detida para sempre, no punto aquel no que nos coñecimos e nos bicamos e rompinos as barreiras que nos deixaban relegados a amigos para permitirnos trascender a outro tipo de relación, relación que non acaba de definirse.
*
No verán non me gusta falar de amor. Nunca me gusta falar de amor demasiado, pero menos no verán. Quizais porque estou soa e xa non creo nos sonos infantís nos que as mozas procuraban príncipes azuis. Sin embargo púxenme algo romántica nestes comezoa de xullo, como si quixese co meu esforzo escapar desta frivolidade que se está apoderando de min por momentos.
A. agarda por min na porta dunha discoteca, non lle deixaron entrar e chámame por teléfono. Eu dígolle que espere, que vou. E remato a miña cervexa tranquilamente. Non me importa si agardará ou non.
A. (outro A.) envía un email no que me desnuda con suavidade , con certo romanticismo. Soame a cousa a conto gastado, nada orixinal, coma unha especie de ritual que segue con todas as mulleres que algún día lle regalaron os ollos mentres él estaba subido no escenario. É un gran actor.
A. (outro A.) fai tempo que non aparece, que non contesta aos meus sms, que non me bica nos labios. É o meu preferido A. ,porque sabe como achegarse sin facer ruído, como abrazarme sin que escape a correr, como facerme tremer...Non me queda outra que confiar no destino, que lle de por xuntarnos, e que el non teña medo de namorarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario