O día que aprenda a confíar na miña intuición fareime invencible. Entre tanto, seguirei a dar tumbos polos sendeiros do corazón, con risco de morrer calquera día nunha cuneta.
*
Dixo unha amiga -con máis razón da que a min me gustaría atribuirlle- que todo era susceptible de empeorar no meu panorama persoal, e onte á noite, cando a chamei fóra de min para contarlle os últimos acontecementos que fixeron tambalear a miña estabilidade emocional, contestoume con contundencia de médico anciá: ahí o tes, ves como ainda podía ser peor.
*
E agora eu pregúntome, ¿qué prefiro realmente, un home que me minte sobre a súa condición sexual, ou un home que me minte sobre a súa condición sentimental? Porque un gay sempre é asumible si se achega a ti con certa humildade e desexo; permíteslle mesmo dubidar e adaptaste aos seus rítmos. Perdoaslle a torpeza e o excentricismo. Pero a un cuarentón de bonitos ollos azuis que o único que sabe e mostrarche o seu mellor rostro para camelarte, ocultándoche a verdade da súa vida para conseguir unha aventura, non podes perdoarlle nada.
*
Dos cornos delas, dos que poñen os homes ás súas mulleres comigo, entérome eu sempre antes de que a situación chegue a maiores. As veces son eles mesmos os que cando xa te techen contra as cordas che confesan que deixaron o anel de voda no caixón da mesilla. Outras, a información chégache por medios diversos, como si se tratase de anuncios publicitarios en vallas de neón , dun xeito luminoso e impactante.
Eu de preferir , prefiro a sinxeleza e cutrada dun homiño confesándome entre bicos -xusto antes de quitarche as bragas- que ten unha muller que agarda por el na casa coa que fai meses que non ten relacións, que non os estruendos cósmicos que normalmente acompañan a determinado tipo de descubrimentos.
*
Foi a cousa coma unha detonación. En dous segundos saltou o meu cuarto enteiro polos aires e non sabía nin onde meterme. O tipo riquiño e boa persona que non paraba de darme as gracias e de perdirme perdón ante a mínima falta, convertiuse de golpe nun farsante máis ,que simplemente me ocultou que tiña unha relación estable cunha muller que lle chegaba moito máis arriba da sola dos seus zapatos , e dende logo tamén dos meus.
*
Si o xénero de ciencia ficción e o de terror están dominados pola presenza do sobrenatural e pola angustia do inexplicable, quizais sexa a miña vida tan só iso, unha especie de novela de ciencia ficción na que eu intento buscar respostas a situacións que simplemente son inverosímiles e carentes de calquera tipo de lóxica.
***
E deseguido, quentes os motores e o ánimo que non estaba para máis trotes, ao outro lado do teléfono, con voz entre dormido e excitado, chama J. para lembrarme -a deshora, no peor dos momentos posibles- que tiña moza, que non sentía nada por min, que nunca ía sentir nada por min...E nun intento de recompoñer o pouco de muller que quedaba en min a aquelas horas díxenlle as que serían as miñas últimas palabras conscientes para el en toda a miña vida: "esta noite é unha boa noite para rendirse"
No hay comentarios:
Publicar un comentario