O 22M a miña rutina rompeuse a golpe de eleccións municipais xusto o día no que cumplía anos, e xusto cando a debacle electoral do PSOE era xa un feito constatado cun escrutinio casi rematado , eu vivín unha das situacións máis vergonzosas da miña existencia, só comparable a ese pesadelo recurrente que tiña cando era nena no que me visualizaba no medio de clase en zapatillas mentres todos os nenos sinalaban co dedo os meus pés e morrían coa risa. Aquilo afortunadamente para a miña madurez futura libre de traumas infantís foi só un soño que nunca chegou a realizarse. Sin embargo, o domingo día 22 toquei teito no que a facer o ridículo se refire.
Os do PSOE de Vilalba acudimos despois da xornada electoral a unha sede improvisada nun hotel onde colocamos o cuartelillo central para seguir os resultados, e disfrutamos alí dun catering por todo o alto a base de embutidos, tortilla e outras viandas frías, e por suposto moita bebida. Nunha esquina do salón colócase unha mesa grande frente á pantalla da televisión onde se sintoniza a galega para ver en tempo real como vai o escrutinio en cada recuncho de Galicia. Ao arredor da mesa soen sentarse os membros da executiva así como os que nos poñemos máis nerviosos co resultado e precisamos estar ben cerca da tele para que non se nos escape nada.
Os meus nervios sempre me xogan malas pasadas nestas xornadas electorais, e máis ainda cando a cousa pinta mal dende o principio e a realidade apunta a unha debacle socialista en todas partes. Estaba de cumpleanos e o meu partido perdía posicións de goberno: deume por facer o único que podía facer , beber cervexa pegada á pantalla do televisor.
Bebín unha cervexa e outra e outra, e entre tanto de cando en vez ía xunto aos meus pais que se encontraban nunha esquina do salón comendo tranquilamente; e mantiña conversas con uns e outros militantes que demostraban a súa tristeza de maneiras diversas, con bágoas, convidándome a outra cervexa, con indignación...E logo voltaba ao meus sitio , sentada nunha esquiniña da mesa que se atopaba frente á tele, ao lado do secretario xeral e candidato á alcaldía e dun militante que non paraba de facer contas cunha calculadora a medida que ía avanzado o escrutinio. A tele vomitaba a derrota en datos por concellos , por orde alfabética e por provincias, e un mudo Roberto Blanco (tiñamos a tele sin volume) comentaba os resultados con aire vehemente. Eu seguía bebendo e lendo os datos que pasaban rápido pola pantalla e que ainda non eran definitivos. Tanta cerveza fíxome ir ao baño , e unha vez alí dinme conta de ata onde chegaba a miña dose de alcol aquela noite.
É infalible, vas ao baño, miraste fíxamente no espello e descubres cal é o teu grado de alcolemia, inversamente proporcional á distancia entre a túa cara e o espello do lavabo.
Consciente disto , saín dignamente do baño e voltei coa idea en mente de beberme outra cervexa. Reparei deseguida na ausencia de meus pais e dos veciños cos que se atopaban ,e ainda que me extrañou que se foran sin despedirse , non lle din demasiada importancia. Busquei unha cervexa por todalas mesas , pero foi inútil , retiráranas todas , o cal me fixo pensar que a festa xa acabara. Voltei resignada ao meu sitio, na esquiniña da mesa colocada frente ao televisor ,ao lado do secretario xeral. Na tele saía agora Ricardo Varela, o secretario provincial de Lugo, facendo unha valoración dos resultados tan desfavorables para o PSOE. Sorprendeume que prestasen tan pouca atención e que houbese tanto barullo e nin corta nin perezosa mandei calar de xeito contundente. Foi entón cando reparei en que todos me estaban mirando con xesto pasmado e que ademais non coñecía a naide daquela xente. Por un momento só se me veu á cabeza unha cámara oculta e sin pensalo demasiado preguntei enérxica ¿onde está Eduardo? como quen no medio dunha situación descoñecida e ante unha ameaza de perigo o máis importante fose saber onde se atopa o capitán. Aquelas persoas que estaban sentadas ao meu carón seguian ollándome estupefactos, e un deles díxome sinalando cos seus ollos a chapa do PSOE que lucía na solapa, e cun tono suave e tranquilizador, como si falara cun tolo : Os teus están abaixo.
Ollei a un lado e ao outro e caín na conta do que estaba a suceder. Ainda así , mantívenme firme , no meu sitio, e espetei un "pero si o PSOE sempre estivo arriba".
Coa mesma levanteime da mesa e nun intento de sair dalí co mínimo de dignidade que tal situación me permitía, abalanceime sobre a candidadata do Bloque ( á que non coñezo de nada e non vira máis que nas fotos que penduraban nas farolas durante a campaña) e dinlle un par de bicos e un abrazo tan forte como si del dependese a miña vida. Feliciteina, díxenlle - patética- que a seguira durante a campaña e que subira expresamente a saudala . E despois desa escea chea de dramatismo, dese monólogo atroz que lle soltei á rapaza ante a súa cara de absoluto asombro, saín andando de puntillas daquel salón sin mirar atrás.
Voltei a onde estaban os meus. Na esquina ao fondo seguían meus pais, e nas mesas que se repartían pola estancia había cervexas a esgalla. Collín unha e bebina casi dun trago. Fun ao meu sitio e ollei a Eduardo -o noso secretario xeral- para cerciorarme de que non me voltara a equivocar de sala. Na nosa tele seguía Roberto Blanco movendo os beizos sin volume e todos lían os datos que pasaban escritos por abaixo.
-Non me preguntedes cómo o sei, pero en Tele Lugo está Ricardo Varela facendo unha comparecencia en directo.
E continuei bebendo, non só para diluir no alcol a derrota, senón tamén para esquecer o momento máis "terra trágame " de toda a miña existencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario